O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar en 486.812 euros para 21.898 horas anuais de atención

Noticias

22/05/2023
22 Mai

O Pleno da Corporación ratificou a proposta da mesa de contratación cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG  ||  

A empresa O Espertar Servicios Sociales foi a que presentou a mellor oferta e seguirá sendo a responsable do SAF do Pino  ||  

A empresa O Espertar Servicios Sociales SL seguirá prestando o Servizo de Axuda no Fogar ao ser a gañadora do proceso de licitación deste servizo. O Pleno da Corporación aprobou hoxe a proposta da mesa de contratación, que considerou a oferta da empresa de Boimorto a máis beneficiosa. O Concello do Pino reserva unha partida de 488.812,21 euros para as 21.898 horas anuais de servizo que deberá atender a empresa de Boimorto durante o ano de contrato.

A proposta da mesa de contratación considerou a oferta de O Espertar Servicios Sociales SL (que xa está prestando o servizo actualmente no Pino) como a máis vantaxosa para o Concello, tanto polo número de horas (21.898 horas anuais) como polo importe económico. O Pleno ratificou esta proposta, e adxudicoulle á empresa de Boimorto o contrato, cos votos a favor do PP (6) e a abstención de PSdeG (3) e BNG (1).

Os prezos ofertados pola empresa de Boimorto son os seguintes, en función do coste hora. Dependencia días hábiles e sábado 20,28 euros (IVE incluído) e domingos e festivos, 20,80 euros. Para libre concorrencia o prezo hora ofertado é de 21,45 euros (con IVE). Como mellores en subministro de axudas técnicas presentou 2 lavacabezas de cama, 4 camas articuladas, 2 colchóns antiescaras, 6 cadeiras de rodas, 4 asentos de ducha e baño, 3 andadores e 4 grúas de mobilización. En canto aos servizos complementarios anuais comprométese a ofrecer 6 servizos de podoloxía, 6 de salón de peiteado, 8 de terapia e 5 de limpezas de coche. Todas elas gratuítas para o Concello.

Este ano, na licitación do SAF, o Concello incrementou en máis de  4.000 o número de horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar, pasando das 17.448 horas anuais que se veñen prestando ata o de agora ata as 21.989 horas ao ano que deberá prestar a empresa adxudicataria a partir de agora, o que permitirá eliminar a lista de agarda.

No debate, o alcalde resaltou que a este concurso por procedemento aberto se presentaran 13 empresas, das que 2 quedaron excluídas ao non superar a puntuación mínima establecida nas bases. Un feito que, para Taboada, “demostra que os prezos que ofertamos non eran tan baixos, senón non habería tantas empresas interesadas en asumilo, e fixo mención ás melloras que propón a empresa adxudicataria. Así mesmo, recordou que no Concello non hai queixas nin dos usuarios nin das traballadoras, polo que entende que o servizo que se está prestando é de calidade.

Pola súa banda, o grupo socialistas argumentou a súa abstención ao considerar que o servizo debería ser público, prestado polo concello.

 

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Aberta a inscrición para o Pino-Aventura que se desenvolverá o 20 de maio na área recreativa da Tarroeira
O alcalde do Pino recibe a secretaria xeral da Organización Iberoamericana de Seguridad Social »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés