O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Admitidas todas as solicitudes para participar no Lecer Semana Santa 2026

Noticias

27/03/2026
27 Mar

27-3-2026

Publícase a listaxe da cativada admitida no Lecer Semana Santa 2026. Todos os solicitantes poden ter acceso á praza por cumprir os requisitos sinalados nas bases.

Aqueles proxenitores e proxenitoras que renuncien á praza adxudicada, deberán comunicalo mediante escrito presentado na Sede electrónica de forma telemática, ou no rexistro do Concello do Pino presencialmente.

11-3-2026

O Pino abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Lecer Semana Santa

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril || O prazo de inscrición remata o 26 de marzo || As persoas interesadas poden cubrir a ficha nas dependencias municipais ou descargala na web || A actividade conta con 50 prazas e desenvolverase no Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago

Cartel do programa de conciliación do Concello do Pino Lecer Semana Santa 2026O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a actividade Lecer Semana Santa 2026, unha iniciativa incluída no programa municipal de conciliación que ten como obxectivo facilitar ás familias do municipio a compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións escolares.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026, coincidindo co calendario escolar de Semana Santa. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca (O Pedrouzo). O horario será de 8.00 a 15.00 horas, establecéndose a recollida dos participantes entre as 13.30 e as 15.00 horas.

O prezo da actividade será de 15 euros polos catro días de servizo. As familias numerosas contarán cun desconto do 20 % a partir do segundo fillo, e as familias monoparentais tamén terán un desconto do 20 %, presentando a documentación acreditativa correspondente.

As inscricións poderán realizarse ata o 26 de marzo mediante a ficha dispoñible nas dependencias municipais, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou descargándoa na web municipal, no apartado de xestións. A solicitude deberá presentarse xunto co xustificante de pagamento antes da data límite establecida. A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de edictos e na páxina web municipal.

O programa conta con 50 prazas e, no caso de que o número de solicitudes supere a oferta, estableceranse criterios de prioridade. Terán preferencia os menores empadroados no Concello do Pino cunha antigüidade mínima de tres meses, así como aqueles cuxos proxenitores estean en situación laboral activa ou en busca de emprego ou formación. Tamén se terá en conta a escolarización en centros educativos do municipio, o nivel de renda familiar e outras circunstancias sociais como familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade ou situacións de risco de exclusión social, entre outros supostos.

Esta iniciativa forma parte das accións que desenvolve o Concello do Pino para favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo alternativas de ocio educativo para a infancia durante os períodos non lectivos. Está cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, Goberno de España.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino ten un remanente de tesourería a 1,87 millóns tras liquidar o orzamento de 2025
A Deputación financia con 9.650 euros os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2026 »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés