O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino abre dende hoxe a piscina municipal de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas todos os días

O Pino abre dende hoxe a piscina municipal de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas todos os días

Novas

03-07-2020
3 Jul

A veciñanza de O Pino poderá gozar dende hoxe da piscina municipal de Lameiro. O Concello inaugura así a tempada de verán na piscina municipal, que estará aberta ao público en horario de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo.

Segundo a normativa establecida pola Xunta de Galicia, a ocupación da instalación non poderá superar o 75% da súa capacidade. Se a demanda supera o aforo permitido, establecerase un servizo de cita previa.

Nas oficinas municipais xa se poden obter os bonos para o acceso á piscina ou apuntarse aos cursos de natación, que darán comezo a vindeira semana e desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Poderanse obter na Casa do Concello, todas as mañás de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

En canto aos diferentes prezos, os bonos gozan dunha gran vantaxe. Fronte aos 3,60 euros que custa unha entrada diaria, os residentes en O Pino poden comprar o bono por 12 euros os adultos e 6 euros os nenos ata dezaseis anos incluídos. Para os non residentes no concello, as tarifas bonificadas duplícanse, 24 euros para os adultos e 12 para a rapazada. Ademais, os cativos menores de dous anos poden entrar de balde á piscina e tamén existe a posibilidade de comprar un bono familiar, que teñen o seguinte custo:

  • Bono pai e nai: 15 euros
  • Cota primeiro fillo: 6 euros
  • Cota segundo fillo: 3 euros
  • Cota terceiro fillo: gratis

Os cursos de natación celebraranse en dúas quendas de luns a xoves de 12.30 a 13.15 horas, pero tan só se poderá ir dous días á semana e tamén é obrigatorio estar previamente aboado. Os nenos ata dezaséis anos poden inscribirse por 3 euros ao mes, mentres que os adultos por 9 euros. Tamén os rapaces e rapazas gozarán dun desconto do 25% para o acceso á piscina se posúen o carné xove.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino aproba 100.000 € en axuda a autónomos co voto a favor de PP e BNG e en contra do PSdeG
As ‘Parolas de verán’ arrancan o xoves en Gonzar o percorrido polas parroquias do Pino »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés