O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino abre ata o 2 de decembro o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Noticias

14/11/2024
14 Nov

• Premiará os mellores traballos de cada unha das cinco categorías

O Concello do Pino convoca un ano máis o seu tradicional concurso de postais de Nadal, dirixido a todo o alumnado do CPI Camiño de Santiago e da Escola Unitaria de Gonzar, así como á rapazada en idade escolar empadroada no Concello. Os traballos poderán presentarse ata o luns 2 de decembro.
O concurso de postais de Nadal chega á súa 22 edición mantendo o espíritu de fomentar as artes plásticas e difundir as tradicións do Pino entre a cativada do municipio. Aquelas nenas e nenos que queiran participar deberán facer unha composición centrada na celebración destas festas e poderán utilizar calquera técnica cos únicos requisitos de que o seu traballo sexa orixinal e inédito, teña un tamaño máximo Din-A4 e leve a inscrición “O Pino. Bo Nadal e feliz 2025”.
Establécense un total de cinco categorías, divididas por idades: educación infantil; 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria e educación secundaria.
Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse no Rexistro Xeral ou por sede electrónica ata o luns 2 de decembro. Para a presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Os centros escolares -CPI Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- encargaranse de presentar no Rexistro Xeral os que alí se entreguen.
Os gañadores do concurso daranse a coñecer a partir do 9 de decembro e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar valorados nos seguintes importes: 41,85 euros na categoría de educación infantil; 51,60 euros no primeiro ciclo de primaria; 34,90 euros no segundo ciclo; 22,45 euros no terceiro; e 34,01 en secundaria. Haberá un premio por categoría.
O documento coas bases e co formulario anexo que hai que cubrir para acompañar a postal que se presenta a concurso pode descargarse no documento adxunto.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello promove a obra e a figura de Luis Seoane entre o alumnado do CPI co proxecto ‘Encontros con Seoane, o artista do Pino’
O Pino remata cunha foto de familia diante da Catedral a última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés