O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o 20 de xuño e mantén os prezos da pasada tempada

Noticias

30/05/2025
30 May

As instalacións abrirán todos os días da semana, de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas ||

O Concello do Pino inaugurará a tempada de verán o venres 20 de xuño coa apertura da piscina municipal de Lameiro, que abrirá todos os días da semana, de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas.

O acceso poderá facerse mediante entrada diaria ou a través de abonos de tempada dispoñibles na Casa do Concello, de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas. O Concello mantén os mesmos prezos do ano pasado, tanto para entradas como para abonos e cursos de natación.

A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros, mentres que os bonos individuais para persoas residentes oscilarán entre os 6 euros para menores de 16 anos e os 12 euros para adultos. No caso de persoas non empadroadas, o prezo será o dobre: 12,02 € para menores de 16 anos e 24,04 € para adultos.

As familias residentes tamén poderán beneficiarse dun abono familiar, cun prezo de 15,02 € por parella, ao que se suman 6,01 € por un fillo/a e 3 € polo segundo fillo/a. A partir do terceiro, o acceso será gratuíto. Ademais, aquelas persoas que residan accidentalmente no municipio durante o verán poderán acceder ás tarifas de residentes previa xustificación ante os servizos técnicos municipais.

As persoas mozas que dispoñan do Carné Xove tamén contarán cun desconto do 25%.

Cursos de natación

A programación inclúe de novo os cursiños de natación, dirixidos a persoas de todas as idades. A actividade realizarase de luns a xoves, de 12:30 a 13:15 horas, sendo requisito indispensable contar cun abono de tempada para poder inscribirse.

Os prezos mantéñense con respecto a 2024: 3 euros ao mes para menores de 16 anos e 9,01 € para persoas adultas. A organización dos grupos farase en función da idade e nivel dos/as participantes.

 

Con esta nova tempada, o Concello do Pino reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte, a vida saudable e a conciliación familiar durante o verán, poñendo ao dispor da veciñanza unhas instalacións seguras e accesibles para o desfrute colectivo.

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino pecha o curso das Escolas Deportivas Municipais nas que participaron 200 menores
Máis de trescentos veciños réndenlle homenaxe a don José polos seus 65 anos de servizo sacerdotal »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés