O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino abre a inscrición no Lecer Nadal, destinado ás nenas e ós nenos de 3 a 12 anos

O Pino abre a inscrición no Lecer Nadal, destinado ás nenas e ós nenos de 3 a 12 anos

Novas

23-11-2022
23 Nov
  • O programa cubrirá as necesidades de conciliación nas vacacións escolares de luns a venres entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro //

  • Conta con 50 prazas e o prazo para presentar as solicitudes remata o 19 de decembro //

O Concello do Pino vén de abrir o prazo de solicitudes para participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2022, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos do municipio. Deste xeito, o Concello quere cubrir as necesidades de conciliación das familias con crianza durante as vacacións escolares de Nadal. O Lecer Nadal desenvolverase, de luns a venres, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal e os exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8.30 a 14.30 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3,4, e 5 de xaneiro. En total son 10 días de actividade e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa.

O Lecer Nadal 2022 conta cun total de 50 prazas. Para que se poida levar a cabo requirirase un número mínimo de solicitudes. No caso de que haxa máis peticións que prazas ofertadas, atenderase aos seguintes criterios para valorar a admisión: empadroamento do/a menor no Pino (cun mínimo de 3 meses de antigüidade), criterio técnico dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello; que o pai, nai ou titor traballe no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar no programa deberán cubrir a ficha de inscrición que está dispoñible nas oficinas municipais (de 9.00 a 14.00 horas) ou poden descargala da web municipal neste enlace. A ficha de inscrición deberá ir acompañada da instancia e ambos documentos poderán presentarse ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou ben presencialmente no rexistro municipal (en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas). A data límite para presentar as solicitudes remata o luns, 19 de decembro.

O pagamento efectuarase unha vez publicada a lista de nenos e nenas admitidos, na conta que o Concello ten en Abanca e que aparece nas bases do programa. O xustificante de pagamento deberá ser remitido ao Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, como data límite o 23 de decembro.

As bases poden consultarse en arquivo adxunto. Tamén están dispoñibles o formulario de solicitude e a instancia de presentación para a súa descarga.

Icono

Bases escola de Lecer Nadal 2022

1 archivo(s) 1.40 MB
Descargar
Icono

Ficha inscrición escola Lecer Nadal 2022

1 archivo(s) 1.31 MB
Descargar
Icono

Instancia presentación solicitude escola Lecer Nadal 2022

1 archivo(s) 51.00 KB
Descargar
Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Concesión provisional das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio
O Pino acolle a mostra itinerante sobre o escritor paradelense Manuel Rodríguez López »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés