O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Concello involúcrase na loita contra o cancro de mama con diversas accións polo Día Mundial contra esta doenza

Noticias

25/10/2018
25 Out

O Concello de O Pino promoveu durante este mes varias iniciativas coas que se involucra na loita contra o cancro de mama. Coincidindo coa celebración do Día Mundial da loita contra esta enfermidade, o consistorio realizou accións que van desde a edición de materiais solidarios ata a organización dunha charla formativa sobre a autoexploración mamaria. O obxectivo destas actuacións é, por unha banda, favorecer a concienciación e a solidariedade con quen padece este mal e, pola outra, mellorar a calidade de vida das afectadas e promover a detección precoz.

É o caso do taller de autoexploración que, a cargo de Rosario Rivas Mato, matrona do Centro de Saúde de O Pino, se celebrou o pasado mércores 24 de outubro. Rapazas de 4º curso da ESO do CPI Camiño de Santiago participaron neste curso, dunha hora de duración, realizado no centro sociocultural Luis Seoane. Rivas Mato impartiu unha conferencia con apoio audiovisual e logo unha parte práctica na que, mediante globos cheos de area, se fixo unha simulación da exploración mamaria, tan necesaria para a detección precoz do cancro de mama. Concienciar á poboación máis nova da transcendencia deste problema é unha das vías clave para mellorar a ratio de curación.

Por outra banda, o Concello de O Pino editou unha serie de chapas co lazo rosa, símbolo da loita contra o cancro de mama, e co lema ‘Concello O Pino. Sumámonos ao rosa’. Este material de sensibilización social foi repartido en diferentes actos celebrados no municipio, como por exemplo nas camiñadas do programa Camiña e Descubre, que comezou o pasado sábado.

Tamén se repite este ano o programa de reparto de “Almofadas do corazón” a mulleres afectadas polo cancro de mama e que sufriron a extirpación de vasos linfáticos na axila. Desde 2012, o Concello de O Pino facilita estes coxíns con forma de corazón, especialmente adaptados para persoas que sufriron esta patoloxía, xa que axudan a paliar as dores. As almofadas están feitas con produtos naturais, tanto no exterior coma no recheo. Poden conseguirse estas “Almofadas do Corazón” na Casa da Cultura, en Arca, ou solicitalas por teléfono no 981 511 065. O Concello do Pino facilitou tamén unidades deste material á Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela, mostrando unha vez máis a sensibilización da veciñanza con este problema para cuxa erradicación a concienciación social é fundamental.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Obradoiro dual de emprego O Pino-Arzúa: resultado final de docentes e puntuación definitiva do alumnado
O obradoiro de emprego O Pino-Arzúa forma en xardinería a vinte persoas desempregadas »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés