O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Concello do Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Noticias

20/04/2026
20 Abr
  • As rúas Mollados e Forcarei quedan pechadas ao tráfico xeral, permitindo unicamente o acceso a residentes e servizos  ||  

  • A rúa do Concello cambia o seu sentido de circulación: a partir de agora o fluxo será dende o CPI Camiño de Santiago cara a casas consistorial e a N-547  ||  

O núcleo urbano do Pedrouzo inicou unha ambiciosa transformación co arranque das obras de humanización das rúas Forcarei e Os Mollaos. Esta actuación, estratéxica para o municipio e para o Camiño de Santiago, obriga a unha reordenación inmediata do tráfico para garantir a seguridade dos peóns e a operatividade da maquinaria, mentres duren as obras.

O Concello activa dende este mércores, 22 de abril, un plan especial de tráfico que implica as seguintes modificacións:

  • Peche total na rúa dos Mollados e de Forcarei: ambas as dúas rúas quedan cortadas á circulación xeral. O acceso estará restrinxido exclusivamente a residentes para a entrada aos seus garaxes e a vehículos de servizo para realizar tarefas de carga e descarga nos locais comerciais e establecementos hostaleiros da zona. Tamén se permitirá o acceso á escola infantil A Galiña Azul para deixar e recoller as crianzas.
  • Cambio de sentido na rúa do Concello: co fin de facilitar a entrada de vehículos ao centro urbano dende a autovía, a rúa do Concello muda o seu sentido de circulación. Se ata agora a circulación ía dende a N-547 cara ao colexio, a partir deste mércores, 21 de abril, o fluxo será en sentido contrario: os coches poderán circular dende o CPI Camiño de Santiago cara a praza do Concello e a estrada N-547.
  • O acceso ao CPI Camiño de Santiago poderá facerse dende a autovía e tamén dende San Antón e dende Vilaboa-Lameiro.

Unha vez rematadas as obras, restablecerase a circulación nestas rúas tal como estaba ata o de agora.

O Concello do Pino solicita á veciñanza e aos usuarios da vía a máxima precaución e atención á nova sinalización instalada. Aínda que o inicio dunha obra desta envergadura pode xerar molestias puntuais, o Goberno local destaca que o resultado será un núcleo urbano máis accesible, moderno e de maior calidade de vida para toda a veciñanza do Pedrouzo.

O proxecto conta cun orzamento de 532.250 euros, financiado nun 70% pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a través do Plan Hurbe, e nun 30% polo Concello do Pino. A intervención suporá a eliminación de barreiras arquitectónicas, a mellora dos servizos municipais e un acondicionamento estético dunha zona con alto tránsito de veciñanza e de peregrinos.

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello publica a concesión provisional de subvencións para asociacións culturais e deportivas de 2026
O Concello do Pino organiza a II Andaina das Letras: ‘Camiñando coa Lingua’ para celebrar o Día das Letras Galegas »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés