O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Concello do Pino reivindica no 8M a necesidade de seguir impulsando cambios en prol da igualdade

Noticias

06/03/2026
6 Mar

O manifesto institucional celebra a valentía das mulleres que xogaron e xogan un papel relevante na historia  || O alcalde destaca a importancia da educación en valores dende idades temperás para lograr unha sociedade comprometida

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, destacou esta mañá que o Día Internacional da Muller “é un bo momento para celebrar a valentía e determinación de mulleres que xogaron e xogan un papel relevante na historia dos seus países e comunidades e para reflexionar sobre os avances acadados”, pero tamén para “reivindicar a necesidade de seguir a impulsar cambios estruturais e sociais”.

Na lectura do manifesto institucional para conmemorar o 8M, Taboada recordou que esta é unha data coa que se fai visible “a necesidade de seguir a reclamar aspectos básicos como a erradicación de violencias machistas, a igualdade salarial ou a universalización dos coidados”. Unha data para pór de manifesto que a equidade entre os xéneros “é unha cuestión de interese público que engloba a toda a humanidade”, engadiu.

Por iso, desde o Concello do Pino o alcalde comprometeuse a “seguir impulsando políticas de igualdade dende o eido local”, ademais de continuar contemplando as realidades específicas das mulleres da contorna, “así como a visibilización de cada unha das desigualdades vixentes”. Taboada tamén destacou “a importancia da educación en valores como a igualdade de xénero, a solidariedade e o respecto dende idades temperás” para a construción dunha sociedade responsable e comprometida, á vez que prometeu “manifestar o rexeitamento ante actitudes machistas que impiden a consecución da igualdade real”.

Programación educativa e social

A lectura do manifesto institucional polo 8M enmárcase na campaña coa que o Concello do Pino celebra o Día Internacional da Muller. Cunha programación educativa e social, ao coincidir o 8M en domingo O Pino adiantou os actos conmemorativos a este venres. Unha xornada que foi o punto de partida dunha campaña que xa chegou a todos os recunchos do municipio a través da cartelería e folletos informativos distribuídos en edificios públicos, centros educativos e comercio local.

O Concello do Pino entende que a igualdade real constrúese nas aulas, polo que unha das iniciativas centrais do día foi a instalación dun Espazo Informativo e Preventivo na entrada do CPI Camiño de Santiago.

Ademais, durante todo o mes o centro acollerá obradoiros coeducativos en todas as etapas escolares, gozando xa este venres o alumnado de Primaria da obra Travesía Unicornio de Teatro Ghazafellos, unha adaptación teatral do libro de María Canosa, gañador do Premio Anisia Miranda de teatro infantil. A obra, chea de humor e valores, mostra como un neno e o seu unicornio se atopan cunha xenia que lles axuda a escoitar e aceptar os desexos propios e alleos, rompendo roles tradicionais de xénero e promovendo a libre elección de intereses.

O Concello do Pino quere ser un referente en convivencia e igualdade, polo que agradece a implicación da comunidade educativa e convida a toda a veciñanza a participar nesta campaña necesaria para construír “un municipio máis xusto, equitativo e libre de violencias”.

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello do Pino reforza o seu compromiso coa igualdade cunha programación educativa e social polo 8M
Fabiola García avanza no Pino que os concellos poderán adherirse desde finais de marzo ao incremento do financiamento do SAF »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés