O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do Nadal Benéfico

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do Nadal Benéfico

Novas

07-12-2022
7 Dic
  • Ata o 31 de xaneiro de 2023 pódese colaborar con alimentos non perecedoiros, conservas, produtos de hixiene persoal e de limpeza //

  • Os donativos distribuiranse entre as familias vulnerables do municipio //

  • Os puntos de recollida están na Casa da Cultura, nos Servizos Sociais do Concello e nos supermercados Eroski, Día e Rúa //


O Concello do Pino ten en marcha unha nova edición do Nadal Benéfico para recoller alimentos non perecedoiros, alimentos en conserva, produtos de hixiene persoal e produtos de limpeza destinado ás familias con menos recursos do municipio. Todas aquelas persoas que desexen colaborar con esta iniciativa poderán depositar as súas aportacións ata o 31 de xaneiro de 2023  nun dos cinco puntos de recollida establecidos polo. Todo os alimentos e produtos recadados ao longo da campaña benéfica serán repartidos ao longo do vindeiro ano polo departamento de Servizos Sociais do Pino entre as familias máis vulnerables do Pino  ou entre aquelas persoas que estean a pasar dificultade.

As doazóns poderán depositarse nos caixóns situados na Casa da Cultura e nos Servizos Sociais do Concello ou nun dos tres supermercados que se sumaron á iniciativa: Eroski, Día e Rúa, que teñen a disposición da súa clientela un carriño no que deixar os donativos.

A veciñanza e os visitantes poden colaborar coa campaña benéfica posta en marcha polo Concello do Pino aportando comida enlatada como fabas, lentellas, garavanzos, froitas en conserva ou potiños para bebés, que tamén serven para as persoas maiores; aceites, latas de conserva, pasta ou aqueles produtos non perecedoiros que sirvan para preparar comida. Tamén compresas, cueiros, xabón, xampú ou calquera outro produto de hixiene persoal e produtos de limpeza para o fogar.

O Concello agradece a implicación e a colaboración da veciñanza e lembra que aínda que a campaña do Nadal Benéfico remata o 31 de xaneiro as aportacións seguen admitíndose en calquera data.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino acolle a mostra itinerante sobre o escritor paradelense Manuel Rodríguez López
O Pino recibe o Nadal este sábado cunha gran festa para todos os públicos na Praza do Concello »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés