O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Concello do Pino busca persoas voluntarias para un proxecto de verán vinculado ao Camiño de Santiago

Noticias

16/01/2025
16 Ene

Está dirixido á mocidade do municipio de entre 16 e 30 anos e desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano ||

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co departamento de Deportes antes do 24 de xaneiro ás 14.00 horas ||

Proxecto de voluntariado

O Concello do Pino lanza unha proposta para coñecer se hai persoas interesadas en participar como voluntarias nun proxecto que se desenvolverá nos meses de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa, vinculada ao Camiño de Santiago, ten como obxectivos principais fomentar a actividade física e o benestar, potenciar o patrimonio cultural e turístico da nosa contorna e promover a participación cidadá.
Este Servizo de voluntariado xuvenil 2025 estará regulado polas bases recollidas no Diario Oficial de Galicia (DOG), publicado este 15 de xaneiro. A orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude recolle as bases que rexerán a concesión de subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais, baixo o código de procedemento BS320A.
No municipio do Pino, as persoas de entre 16 e 30 anos que estean interesadas en participar nesta iniciativa deberán manifestar o seu interese antes do 24 de xaneiro ás 14.00 horas. Para solicitar máis información, aclarar dúbidas ou apuntarse como voluntarias, deberán contactar co departamento de Deportes de forma presencial nas oficinas municipais, chamando ao teléfono 981 511 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@opino.gal. A proposta está aberta a toda a mocidade do municipio.
O proxecto ten unha duración de entre 15 e 60 días, con xornadas de 6 horas diarias, e busca implicar a mocidade galega entre 16 e 30 anos. As actividades incluirán a posta en valor do Camiño de Santiago mediante iniciativas que combinen o deporte, o patrimonio cultural e a conexión coa comunidade local. Tamén se fomentará o contacto coa veciñanza e os peregrinos, promovendo valores de solidariedade, integración e respecto polo medio.
As persoas seleccionadas recibirán formación específica sobre as actividades a desenvolver e apoio continuado durante todo o proxecto. Ademais, ao finalizar o programa, entregaranse certificados de participación e experiencias voluntarias, recoñecidos oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude.
Con este proxecto, o Concello do Pino reafirma o seu compromiso co desenvolvemento da mocidade, a valorización do Camiño de Santiago e o fortalecemento da nosa identidade cultural. Animamos á mocidade a implicarse nesta iniciativa que, ademais de ser unha experiencia persoal enriquecedora, contribúe ao benestar colectivo e á dinamización social e turística da nosa contorna.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« A Deputación financia con 10.000 euros os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2025
O alcalde analiza coa conselleira a posibilidade de ofertar no Pino vivenda de protección oficial »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés