20 de xuño de 2025
Faise pública a resolución coa listaxe das nenas e dos nenos admitidos no programa Escola de Verán 2025, organizado polo Concello do Pino para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares. As familias con cativada admitida deberán pagar agora as taxas de matrícula e entregar o xustificante por rexistro; a data límite é o luns 23 de xuño.
Aquelas familias que queiran renunciar a praza, deberán indicalo por escrito no rexistro do Concello.
A listaxe pode consultarse en arquivo adxunto.
12 de xuño de 2025
O servizo desenvolverase entre o 23 de xuño e o 5 de setembro no pavillón de Reboredo e no CPI Camiño de Santiago ||
Pódense recoller os formularios nas oficinas municipais ou descargalos na web www.opino.gal ||
As tarifas oscilan entre os 15 e os 60 euros segundo a quenda, con descontos para familias numerosas ||

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2025, unha iniciativa de conciliación dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá nas instalacións do pavillón de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago (Arca). Formularios de inscrición e bases neste enlace (preme aquí)
O programa comezará o 23 de xuño e rematará o 5 de setembro, coincidindo co calendario escolar, e dividirase en seis quendas que van do 23 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 15 de agosto; do 16 ao 31 de agosto; e do 1 ao 5 de setembro. O horario será de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas, agás os festivos.
Este ano ofértanse ata 105 prazas nos meses de xullo, 86 en agosto, e 70 nos períodos de xuño e setembro. En caso de que a demanda supere a oferta, aplicarase un criterio de admisión que prioriza ás familias empadroadas no concello con situacións laborais activas ou necesidades especiais de conciliación. Ademais, no caso de que varios irmáns presenten solicitude para a mesma opción e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demais irmáns.
Prezos
As tarifas establecidas son de 30 € por quincena ou 60 € ao mes durante xullo e agosto, e de 15 € para as quendas curtas de xuño e setembro. As familias numerosas terán un desconto do 20 % a partir do segundo fillo ou filla.
As inscricións poderán realizarse ata o 19 de xuño. A solicitude de admisión pode descargarse no arquivo adxunto a esta nova ou recollela nas oficinas do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas. Unha vez cuberta, a ficha de inscrición debe presentarse na sede electrónica ou directamente no Concello, acompañada da instancia que tamén está dispoñible nos arquivos adxuntos e da documentación requirida segundo as bases.
As persoas que desexen obter máis información poden chamar ao teléfono 91 511 002 ou consultar a web do Concello.
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.
Con esta nova edición da Escola de Verán, o Concello do Pino aposta por facilitar a conciliación laboral e familiar das veciñas e veciños, ao tempo que ofrece á rapazada un espazo educativo, seguro e lúdico no que desfrutar do tempo libre durante as vacacións escolares.

