O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Publícase a listaxe de cativada admitida no Lecer Nadal. O prazo para xustificar o pagamento remata o luns 22 de decembro

Noticias

17/12/2025
17 Dic

Faise pública a listaxe das nenas e dos nenos admitidos na actividade Concilia Nadal (Lecer Nadal), organizada polo Concello do Pino para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.

As familias con cativada admitida deberán pagar agora as taxas de matrícula e entregar o xustificante por rexistro; a data límite é o luns 22 de decembro.

Aquelas familias que queiran renunciar a praza, deberán indicalo por escrito no rexistro do Concello.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.

Icono

Listaxe de admitidos no Lecer Nadal 2025

1 archivo(s) 1.34 MB
Descargar

12-11-2025

O Concello do Pino abre o prazo de solicitudes para participar no programa Lecer Nadal 2025/2026, unha iniciativa de conciliación dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O obxectivo é ofrecerlles ás familias do municipio un espazo educativo e lúdico durante as vacacións escolares de Nadal, favorecendo a conciliación da vida laboral e familiar.

O Lecer Nadal desenvolverase nas instalacións do pavillón municipal e exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca (O Pedrouzo). O servizo prestarase de luns a venres, de 8.00 a 15.00 horas, entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro, coincidindo cos días laborables das vacacións escolares.

En total, serán dez sesións: os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e 2, 5 e 7 de xaneiro. As familias deberán recoller aos nenos e nenas entre as 13.30 e as 15.00 horas.

O programa contará cun total de 50 prazas, sendo necesario un número mínimo de inscricións para a súa realización. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios de admisión e orde de prioridade: empadroamento no Concello (cun mínimo de tres meses), situación laboral activa ou en busca de emprego dalgún dos proxenitores, valoración técnica dos Servizos Sociais, familias monoparentais ou con cargas nos coidados, escolarización no municipio e, finalmente, menores que pasen as vacacións no Pino.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de edictos e na páxina web municipal. As solicitudes non admitidas pasarán a formar parte dunha lista de agarda.

As familias interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición, dispoñible na web municipal nesta ligazón e nas oficinas do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O prazo para presentar as solicitudes remata o martes 16 de decembro de 2025. As inscricións poderán presentarse presencialmente no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica.

O prezo do programa é de 30 euros. As familias numerosas terán un desconto do 20 % a partir do segundo fillo, e as familias monoparentais ou monomarentais tamén poderán beneficiarse dun 20 % de desconto, presentando a documentación acreditativa correspondente.

O pagamento deberá realizarse unha vez publicada a listaxe de persoas admitidas, na conta do Concello de O Pino en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078). O xustificante de pagamento deberá entregarse no Concello ou remitirse a través da sede electrónica antes do 22 de decembro.

As bases completas e a ficha de inscrición poden consultarse e descargarse na web municipal nesta ligazón.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino cédelle á Consellería unha parcela en Arca para construír ata 9 vivendas protexidas
O Pino destinará ao SAF os 93.778 euros do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés