O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Publícase a listaxe de cativada admitida no Lecer Entroido 2026. O prazo para xustificar o pagamento remata o luns 16 de febreiro

Noticias

12/02/2026
12 Feb

12 de febreiro de 2026

Faise pública a resolución coa listaxe das nenas e dos nenos admitidos no programa Concilia Entroido 2026, organizado polo Concello do Pino para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares. As familias con cativada admitida deberán pagar agora as taxas de matrícula e entregar o xustificante por rexistro; a data límite é o 16 de febreiro.

Aquelas familias que queiran renunciar a praza, deberán indicalo por escrito no rexistro do Concello.

A listaxe pode consultarse en arquivo adxunto.

Icono

Listaxe de admitidos/as no programa Concilia Entroido 2026

1 archivo(s) 735.07 KB
Descargar

20 xaneiro de 2026

A iniciativa, organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, ofrece 50 prazas para menores de entre 3 e 12 anos ||

A actividade desenvolverase os días 16, 17 e 18 de febreiro no pavillón municipal e no CPI Camiño de Santiago ||

A data límite para formalizar a participación é o 11 de febreiro ||

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, pon en marcha unha nova edición do programa Concilia Entroido 2026, unha iniciativa dirixida a apoiar ás familias do municipio na conciliación da vida laboral e familiar durante o período de vacacións escolares.

A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ambos inclusive, e desenvolverase os días 16, 17 e 18 de febreiro.

O servizo prestarase en horario de 08.00 a 15.00 horas, con recollida flexible entre as 13.30 e as 15.00 horas, e terá lugar nas instalacións do pavillón municipal e nos espazos exteriores do CPI Camiño de Santiago.

O programa conta cun total de 50 prazas por quenda, sendo necesario acadar un número mínimo de solicitudes para a súa realización. No caso de que a demanda supere a oferta, aplicaranse criterios de prioridade, entre os que figuran o empadroamento no Concello do Pino, a situación laboral activa dos proxenitores ou titores, a escolarización en centros do municipio, a condición de familia monoparental ou situacións especiais valoradas polos Servizos Sociais.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de edictos e na web municipal, establecéndose tamén unha lista de agarda. No caso de irmáns ou irmás que soliciten a mesma quenda, a admisión dun deles suporá a incorporación automática do resto.

O prezo da actividade é de 15 euros polos tres días de duración. As familias monoparentais e as familias numerosas, a partir do segundo fillo ou filla, contarán cun desconto do 20 % previa acreditación documental.

As familias interesadas poden formalizar a inscrición ata o 11 de febreiro. A ficha de solicitude está dispoñible nas dependencias municipais (en horario de 09.00 a 14.00 horas) ou para a súa descarga na páxina web oficial www.opino.gal. O xustificante de pagamento poderá presentarse ata o 16 de febreiro.

Con este programa, o goberno local reafirma o seu compromiso co benestar social, proporcionando un espazo de lecer seguro e educativo mentres se atenden as necesidades profesionais dos pais e titores. Está cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, Goberno de España.

As bases co formulario de inscrición poden consultarse na páxina web municipal (neste enlace).

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino demostra a súa solidariedade pese a choiva na III Masterclass de zumba a prol de Acem
Aprazado para o domingo 22 o primeiro desfile de Entroido do Pino e o XXVI Concurso de disfraces »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés