O Concello de O Pino organiza cinco sesión no Balneario de Cuntis para as persoas empadroadas no Concello e maiores de idade. Poderán participar persoas non empadroadas no Pino sempre que queden prazas libres.
A actividade consiste en: Saída ás 16:30 h da Praza do Concello (Pedrouzo- Arca) con destino ao balneario. Baño e regreso aproximado ás 20:30 horas durante os mércores días 8, 15, 22 e 29 de maio e 5 de xuño. O custo da actividade é de 70 euros.
As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal, ou Casa da Cultura antes do 2 de maio (prazas limitadas).
Máis información no teléfono: 981 511 065.