O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O alcalde do Pino preside a reunión informativa sobre as actas acordo da parcelaria de Gonzar

Noticias

01/08/2025
1 Ago

A xefa de servizos de Infraestruturas Agrarias da Coruña explicoulle aos propietarios que recibirán unha notificación indicándolle as novas parcelas que lle foron asignadas  ||  

A normativa establece 1 mes de prazo para presentar recursos de alzada e 2 meses para facer permutas voluntarias dende que se reciba a carta  ||. 

Manuel Taboada destaca a rapidez coa que se está levando o proceso que afecta a 528 propietarios, que recibirán 779 parcelas das 7.750 achegadas  ||  

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, presidiu esta mañá a reunión informativa na que a xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña e persoal técnico lle comunicaron as persoas propietarias da parcelaria de Gonzar que van recibir unha carta coas parcelas que lle foron asignadas no proceso de concentración. Un proceso que se denomina acta de acordo.

Belén Mosquera explicou que unha vez recibida a carta, os propietarios teñen un mes de prazo para presentar un recurso de alzada ante a conselleira de Medio Rural e dous meses de prazo para facer permutas voluntarias con outros propietarios.

Na reunión, técnicas da Consellería explicáronlle as preto de 200 persoas presentes os pormenores do proceso, e insistiron en cales son os motivos polos que se pode recorrer, e como poden facer permutas con outros propietarios.

Manuel Taboada agradeceu a presenza da veciñanza e explicou a rapidez coa que se está a desenvolver este proceso, ao presentar hoxe as actas de acordo, apenas seis meses despois de que se presentase a proposta previa.

Técnicos da consellería explicaron que nas cartas que van recibir os propietarios xa figuran as parcelas que lle foron asignadas a cada unha. Os planos coa distribución das novas fincas poderán consultarse no local social de Gonzar ou na páxina web da Consellería (neste enlace).

A parcelaria de Gonzar afecta a 528 propietarios, que entregaron 7.750 parcelas, que agora se converten en 857 fincas. Delas, 779 novas fincas son asignadas aos propietarios e ás 78 restantes quedan como masas comúns.

Os técnicos explicaron que as superficie media das leiras antigas era de 1.081 metros cadrados, mentres que a media das novas parcelas é de 9.975 metros cadrados (case unha hectárea).

Ata o momento houbo 68 propietarios que presentaron 76 alegacións. Delas, 45 foron estimadas, outras 20 estimadas parcialmente e e11 alegación foron desestimadas. A maioría das alegacións estaban motivadas por desacordos dos propietarios coa localización das novas parcelas propostas ou co plan de cultivos.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O venres 1 de agosto farase unha xuntanza para tratar sobre o acordo da parcelaria de Gonzar II
O Pino reafirma a súa identidade rural cunha multitudinaria Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés