O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O alcalde do Pino pide cambios nos horarios dos autobuses para non prexudicar aos estudantes

O alcalde do Pino pide cambios nos horarios dos autobuses para non prexudicar aos estudantes

Novas

12-01-2021
12 Ene
  • Onte solicitou unha reunión urxente do director xeral de Mobilidade da Consellería //

  • Cos novos horarios, o alumnado que estuda en Santiago non chega a tempo ás clases ou ten que agardar moito //

Estrada N-547 ao seo paso por Pedrouzo (O Pino)

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, solicitoulle onte luns pola mañá unha reunión urxente ao director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ignacio Maestro Saavedra, para pedirlle que se poidan adaptar os horarios do transporte público que pasa polo Pino ás necesidades do alumnado que estudia en Santiago

Coa adxudicación das novas concesións de transporte público de viaxeiros por estrada de Galicia, que entraron en vigor o pasado 23 de decembro, substituíuse a empresa que realiza o transporte polo Pino. Agora é a compañía Monbus a responsable da liña Lugo-Arzúa-O Pino-Santiago, e hai tamén cambios nos horarios.

Estes cambios prexudican ao alumnado do Pino que acode diariamente a Santiago para estudar no instituto Antón Fraguas. Cos novos horarios dos buses que pasan a primeira hora polo Pino, o alumnado atópase con que ou ben chega tarde ás clases ou ben chega preto dunha hora antes. O mesmo ocorre co viaxe de volta ao mediodía, polo que os escolares non chegan a Arca ata as catro da tarde.

Manuel Taboada quérelle propoñer ao director xeral de Mobilidade que se modifiquen os horarios dos autobuses de primeira hora que van dirección Santiago, e tamén os que regresan ao mediodía, cando rematan as clases, para que se adapten o máis posible aos horarios do instituto.

O alcalde agarda que a vindeira semana poida quedar solucionado este problema. Manuel Taboada recorda que “os servizos do Pino non poden empeorar coa nova adxudicación, xa que o noso concello está dentro do transporte metropolitano da área de Santiago, e tanto o Concello como a Xunta están aportando unha cantidade importante de diñeiro para subvencionar as viaxes entre O Pino e Santiago. O número de frecuencias de viaxes ao longo do día entre O Pino e Santiago ten que ser igual ou superior ó que xa tiñamos, nunca inferior”, conclúe.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O ascenso da SD O Pino, a mellora da rede viaria do municipio e empresas como Tartas La Abuela e a Queixería Ruta Xacobea protagonizan un novo número da revista ‘Faísca’
A Xunta modificará os horarios dos autobuses no Pino para adaptalos ás entradas e saídas dos institutos en Santiago »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés