O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O alcalde de O Pino reivindica a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva

O alcalde de O Pino reivindica a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva

Novas

08-03-2023
8 Mar

O Concello simboliza a loita e o avance en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes cunha porta violeta ||

Manuel Taboada: “A loita pola igualdade debe estar presente na axenda administrativa local” ||

A xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela, destaca a iniciativa do Concello ||

Os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio envorcáronse coa campaña de sensibilización ||

O Concello de O Pino sumouse hoxe ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller co apertura dunha porta de madeira de cor violeta como símbolo da loita e o avance en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Así o manifestou o alcalde, Manuel Taboada Vigo, esta maña durante a lectura da declaración institucional do 8M; un acto no que estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela Baró, e a concelleira de Cultura, Eva Varela.

Manuel Taboada indicou que esa loita pola igualdade “debe estar presente na axenda administrativa local” e subliñou a “necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva”. Como representante do Concello de O Pino comprometeuse a seguir impulsando leis e políticas públicas de igualdade dende o ámbito local. Tamén a continuar visibilizando as realidades de desigualdade aínda vixentes na sociedade e a establecer accións sensibilizadoras, coeducativas e concienciadoras en materia de igualdade de xénero para os distintos grupos poboacionais.

O alcalde pediu a toda a  poboación, e especialmente ás mulleres do Pino, seguir “abrindo de xeito conxunto a porta violeta”, como fixeron aquelas obreiras téxtiles o 8 de marzo de 1857 cando saíron á rúas de Nova York para protestar polas condicións laborais.

Pola súa banda, a xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela felicitou ao Concello pola “gran iniciativa da porta violeta” e subliñou que a Xunta reivindícase a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes “de cara a conseguir unha sociedade máis democrática e máis xusta”. Judit Fontela tamén asinou no Libro da Muller.

A porta violeta viaxará este mes de marzo ao CPI Camiño de Santiago durante a actividade Xogos e xoguetes tradicionais igualitarios que se desenvolverá no centro e na que participará todo o alumnado e que forma parte do programa de actos do 8M do Concello.

E, a campaña de sensibilización que o Concello puxo en marcha estes días no comercio local e nos establecementos hostaleiros tivo unha moi boa aceptación. Os escaparates e os locais lucían hoxe os carteis conmemorativos do 8M; repartían adhesivos e chapas entre a súa clientela e tamén lucían á entrada dos seus establecementos as alfombras malvas.

A continuación poderás ler a declaración institucional.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CONCELLO DE O PINO

O Día Internacional da Muller, é un bo momento para celebrar a valentía e determinación de mulleres que xogaron e xogan un papel relevante na historia dos seus países e comunidades, para reflexionar sobre os avances acadados; pero tamén para reivindicar a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais.

Así, aquel 8 de Marzo de 1857, no que un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York para protestar polas condicións laborais, tomou tamén a decisión de abrir a porta da loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Porta que nunca máis se pechou, xa que posteriormente foron moitos os movementos que xurdiron para reclamar a igualdade como un dereito fundamental.

O Día Internacional da Muller –declarado oficialmente pola ONU en 1975- é unha data reivindicativa; coa que se fai visible a necesidade de seguir a reclamar aspectos básicos como a erradicación de violencias machistas, a igualdade salarial, a universalización dos coidados, etc. Unha data para poñer de manifesto que a equidade entre os xéneros, é unha cuestión de interese público que engloba a toda a humanidade.

As mulleres aquí presentes, tamén sodes artífices de cambios significativos na vosa realidade inmediata de xeito individual e tamén colectivo, xogando un papel determinante nesta nosa historia.

Así, paso a paso, fostes tecendo redes sólidas, impulsando novas formas de actuación e pensamento, para que a igualdade de xénero pase de utopía a realidade.
Dende esta perspectiva, o concello de O Pino entende que a loita pola igualdade debe estar presente na axenda da administracións local,como ente de referencia e proximidade á propia cidadanía. Por iso,manifesta o seu compromiso a través de:

• Seguir impulsando leis e políticas públicas de igualdade dende o ámbito local.

• Continuar visibilizando as realidades de desigualdade aínda vixentes na nosa sociedade.

• Establecer accións sensibilizadoras, coeducativas e concienciadoras en materia de igualdade de xénero para os distintos grupos poboacionais.

Hoxe atopámonos aquí para, ademais de conmemorar o día Internacional da Muller, animarvos e animar a todas a que sigades nesta loita e que como fixeron aquelas mulleres, continúemos abrindo de xeito conxunto a porta violeta, símbolo da loita e o avance en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« ‘Manolo e Maruxa’ levan o premio ao disfrace máis orixinal no concurso de Entroido do Pino
Medio Rural inicia a consulta pública para a concentración parcelaria dos montes de Arca e Pereira »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés