A Banda de Música de Arca, a SD O Pino, a ANPA do CPI Camiño de Santiago e as comisións de festas do Corpus e da Madalena foron as beneficiadas ||
Os convenios formalizáronse no salón de plenos ||
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, asinou onte o convenio de colaboración con cinco entidades sociais do municipio ás que o Concello lles concede subvencións nominativas por un importe global de 31.500 euros. É a primeira sinatura das axudas que o Concello les concede ás asociacións e parroquias do municipio.
A Asociación Cultural Banda de Música de Arca recibe este ano do Concello unha achega de 13.000 euros para o desenvolvemento das súas actividades. O convenio foi asinado por Antía Cores Torres.
José Ignacio Moledo achegouse ata a casa consistorial para asinar co alcalde a subvención de 8.000 euros coa que o Concello colabora este ano coa Sociedade Deportiva O Pino. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CPI Camiño de Santiago, Miguel Ángel Gómez Bascoy, rubricou o convenio polo que o colectivo recibirá 7.350 euros do Concello para a organización de diferentes actividades.
A Asociación Cultural Confraría do Corpus de Arca recibirá 1.575 euros para organizar as Festas de Corpus, que se celebrarán o vindeiro 1 de xuño. No acto a entidade estivo representada por Antonio Regueiro Suárez.
O último convenio foi asinado polo alcalde e Rubén López Miramontes, en representación da Asociación de Veciños Comisión de Festas e Actos Culturais de Castrofeito, que no mes de xullo organiza as festas da Madalena. A entidade recibirá 1.575 euros
A sinatura das subvencións nominativas coa Asociación de Festexos de San Pedro e outras entidades parroquial celebrarase proximamente. Os colectivos beneficiados teñen ata o mes de decembro para presentar a correspondente xustificación e gastos.
Con estes convenios o Concello quere colaborar coas diferentes entidades sociais e parroquias do municipio para a organización de actividades e mantemento do patrimonio.