O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Medio Rural inicia a consulta pública para a concentración parcelaria dos montes de Arca e Pereira

Medio Rural inicia a consulta pública para a concentración parcelaria dos montes de Arca e Pereira

Novas

11-03-2023
11 Mar

Nunha reunión celebrada na Xunta o alcalde solicitoulle ao conselleiro e a directora xeral de Agader poñer en marcha este proceso, que afecta a 837 e 349 hectáreas  || 

Xa está publicada na web da Oficina Virtual do Medio Rural a consulta pública inicial de cara á súa posible execución, co obxecto de que os interesados poidan presentar alegacións deica o próximo 3 de abril  || 

No Concello do Pino xa se remataron 13 zonas de concentración parcelaria, cunha superficie que acada as 9.319 hectáreas e con 5.705 propietarios implicados  || 

A Xunta de Galicia ven de por en marcha a tramitación para a avaliación previa das zonas de reestruturación parcelaria dos montes de Arca II e de San Miguel de Pereira, con 837 hectáreas e 349 hectáreas respectivamente. Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada, nunha reunión celebrada na sede da Consellería en San Caetano, na que tamén estivo presente a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé.

Esta reunión celebrouse a petición do alcalde, despois de que o conselleiro visitase O Pino o pasado 31 de xaneiro. Manuel Taboada agradeceulle a José González a rapidez en poñer en marcha estas novas concentracións parcelarias “que lle van facilitar á veciñanza poñer en valor os montes, fomentar o mantemento e a sustentabilidade das parcelas e facer unha explotación máis racional das súas terras. Unhas medidas que tamén contribúen a previr incendios forestais nunha das zonas máis poboadas do municipio”, asegura o alcalde.

A Xunta xa ten publicada na web sobre parcelarias da Oficina Virtual do Medio Rural a consulta pública inicial de cara á posible execución destas zonas, co obxecto de que as persoas involucradas poidan presentar alegacións deica o próximo 3 de abril. En concreto, no apartado Consultas públicas poderanse atopar os documentos de consulta do cumprimento dos obxectivos xerais e os planos relativos a estes dous procesos.

Tanto o alcalde como a Xunta destacan que no Concello do Pino xa se remataron 13 zonas de reestruturación parcelaria, cunha superficie concentrada que acada as 9.319 hectáreas, afectando a 80.724 parcelas e a 11.124 predios resultantes de 5.705 persoas propietarias.

As concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, lembran dende a Consellería de Medio Rural. Así, permite reorganizar parcelas de cara ao redimensionamento das explotacións, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción, incrementando a súa sustentabilidade e competitividade no mercado. Así mesmo, posibilita mellorar as vías de comunicación, non só para as parcelas, senón entre poboacións, o que supón maior dotación de servizos básicos que potencian a calidade de vida no rural, entre outras actuacións relativas a infraestruturas, engade a Consellería.

Dende a Xunta séguense impulsando estes procesos da man da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que veu complementar e desenvolver o marco legal actual, para culminar un camiño iniciado pola Lei da mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga). Este ano, a Xunta ten previsto investir 17 millóns de euros no desenvolvemento de distintas zonas de concentración parcelaria e destaca que se destinarán 6 millóns de euros a un plan extraordinario para arranxar camiños de parcelarias.

O alcalde, Manuel Taboada , e o Conselleiro José González visitan un camiño en San Mamede de Ferreiros que vai arranxar a consellería

Visita do conselleiro ao Pino

Co inicio das concentracións de monte en Pereira e Arca, a Consellería atende as peticións formuladas en varias ocasións tanto polo alcalde, Manuel Taboada, como pola Asociación de Veciños de Arca.

O pasado 31 de xaneiro, o conselleiro José González e a directora xeral de Agader, Inés Santé, visitaron o Pino. Acompañados polo alcalde foron ver, entre outras localizacións, o camiño que comunica a localidade de Frechazo Primeiro (San Mamede de Ferreiros) ata o límite co Concello de Touro, e que vai arranxar a Consellería.

Nesa xuntanza, Manuel Taboada volveulle reiterar ao conselleiro a necesidade de concentrar os montes de Pereira e Arca, para ordenar o territorio e fomentar o mantemento e a sustentabilidade das parcelas. Petición que foi atendida por José González, que citou a Manuel Taboada no seu despacho de San Caetano para poñer en marcha este proceso.

Con anterioridade, en abril de 2021,  cando José González entregou os títulos da concentración parcelaria de Budiño, Antonio Regueiro, en representación da Asociación de Veciños de Arca, mantivo unha reunión na casa consistorial co propio conselleiro e con Inés Santé. Alí entregoulles máis de 200 sinaturas de propietarios solicitando a concentración de monte da parroquia de Arca. Nesa reunión, Manuel Taboada tamén solicitara a concentración de monte da parroquia de Pereira.

Agora que a Consellería de Medio Rural puxo en marcha o proceso, e coa nova Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, os trámites para rematar este reestruturación parcelaria redúcense considerablemente.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O alcalde de O Pino reivindica a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva
A Xunta mellora con máis de 48.300 euros o camiño municipal de Frechazo Último a Leiras »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés