O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Medio centro de veciños empezan en Sobrado a descubrir o Camiño do Norte camiñando ata A Mota

Medio centro de veciños empezan en Sobrado a descubrir o Camiño do Norte camiñando ata A Mota

Novas

20-10-2018
20 Oct
Algo máis de medio cento de veciñas e veciños de O Pino, empezaron hoxe diante do Concello de Sobrado dos Monxes a quinta edición de Camiña e Descubre, que este ano ten por obxectivo coñecer un pouco máis o Camiño do Norte a Santiago, na súa variante pola localidade arzuana da Mota.
En total 54 persoas, con bastante xente nova, encheron o autobús contratado polo Concello de O Pino para viaxar ata Sobrado. Dende alí, a primeira hora da mañá, empezaron a descubrir e coñecer un pouco máis o tramo do Camiño do Norte que chega ata A Mota. Aquí rematan cun xantar esta primeira etapa, duns 19 quilómetros.
O vindeiro mes de novembro, o sábado 17, farase a segunda etapa, dende A Monta ata Santiso, en Castrofeito, e o 15 de decembro completarase o Camiña e Descubre co tramo entre Santigo y Santiago de Compostela.
Na edición de 2017, máis de 50 persoas andaron 140 dos 200 quilómetros de que consta o Camiño do Norte, comezando en Ribadeo. Este ano optouse pola variante da Mota, a antiga vía que unía o Mosteiro de Sobrado dos Monxes con Compostela e conflúe coa Vía Francesa en Lavacolla, seguindo o itinerario da vía romana XIX que conectaba Lucus Augusti e Iria Flavia. Este Camiño transcorre polo termo municipal do Pino polas parroquias de Santo Estevo de Medín, Santa María de Gonzar e Santa María de Castrofeito.
Para anotarse na actividade Camiña e Descubre hai que reservar praza chamando ao 981 511 065 ou enviando un correo a cultura@opino.gal
. O prezo é de 8€ por persoa. As andainas celébranse o terceiro sábado de cada mes, aínda que as datas poden sufrir cambios.
Camiña e Descubre comezou hai xa un lustro coa intención de dar a coñecer as diferentes Rutas Xacobeas, percorrendo en cada xornada unha media de 20 quilómetros para compartir experiencias e bos momentos. Moitos dos participantes levan formando parte da acción desde o principio, aínda que o grupo se renova e medra con cada convocatoria.
Twittear
Compartir122
Compartir
Pin
122 Compartir
« A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 400 euros complementarias ao Bono Social do Estado e evitar os cortes luz
Un cento de ciclistas percorren 40 quilómetros polo Pino na ruta BTT »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés