O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Máis de 200 persoas corren pola igualdade na I Carreira e Andaina homenaxe do 25N de O Pino

Máis de 200 persoas corren pola igualdade na I Carreira e Andaina homenaxe do 25N de O Pino

Novas

23-11-2019
23 Nov

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino realizou na tarde deste sábado a súa I Andaina e Carreira pola Igualdade. Manuel Taboada, alcalde de O Pino, encargouse de dar comezo á xornada coa lectura dun manifesto en prol da igualdade. Tras o acto conmemorativo, máis de 200 persoas emprenderon o percorrido de 5 quilómetros como símbolo de loita contra esta lacra. Amador Pena e Mariam Ferrán foron os gañadores da categoría absoluta da carreira. 
A Área Recreativa da Madalena (Castrofeito) reuniu hoxe ás 16.00 horas a máis de 200 persoas que quixeron unirse aos propósitos que se expuxeron no manifesto contra a violencia machista. Manuel Taboada, alcalde de O Pino, foi o encargado de dar voz a este acto institucional, en representación de toda a veciñanza do concello, rexeitando a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións; recoñecendo a importancia da prevención, educación e promoción de políticas de igualdade; e recordou ás 51 mulleres asasinadas no que vai de ano.
Unha vez rematada a lectura do manifesto e o minuto de silencio en memoria das que xa non están, comezaron a andaina e a carreira, na que participaron máis de 200 veciños e veciñas de todas as idades e xéneros, quen percorreron 5 quilómetros pola contorna do Concello de O Pino co propósito simbólico de poñer punto final a esta lacra social. Amador Pena e Mariam Ferrán os gañadores da categoría absoluta con 18.04 e 20.56 minutos respectivamente, polo que recibiron trofeo en sinal de recoñecemento, igual que Carlos Manuel Iglesias, Carlos Fraga, Isabel Caeiro e Belén Bascoy, quen encheron o podio cos seus segundos e terceiros postos. No resto de categorías, os vencedores foron galardoados cunha medalla.
A chuvia deu tregua durante toda a exitosa celebración que seguro se repetirá nos próximos anos co propósito de fomentar a sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

Nos arquivo adxunto atópase a clasificación completa das diferentes categorías da carreira e a andaina.

Icono

Resultados I Carreira e Andaina pola Igualdade do Concello de O Pino

1 archivo(s) 150.27 KB
Descargar
Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Veciños de Gonzar teñen un mes para estudar a rede de camiños da concentración de monte
Curso sobre o uso da sede electrónica para asociacións, empresarios e cidadanía o día 4 de decembro »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés