O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Habrahan Ochum gaña o II Concurso de Murais do Concello do Pino coa proposta ‘O último selo’

Noticias

28/07/2026
28 Jul

O artista logra un premio de 2.000 euros e executará un mural inspirado na última etapa do Camiño Francés e na Festa do Galo Piñeiro ||

O xurado destacou a orixinalidade da proposta e a súa capacidade para converterse nun elemento identificativo do municipio ||

O artista Habrahan Ochum Barrios Cortez é o gañador do II Concurso de Murais do Concello do Pino coa proposta O último selo, unha obra que será plasmada nun mural de gran formato e que contribuirá a reforzar a identidade turística e cultural do municipio, tomando como fío condutor dous dos seus principais sinais de identidade: o Camiño de Santiago e a Festa do Galo Piñeiro.

O xurado, reunido o 24 de xullo, acordou por unanimidade conceder o primeiro premio á proposta gañadora tras valorar as oito obras admitidas a concurso. O último selo obtivo a máxima puntuación posible, 15 puntos, ao destacar nos tres criterios establecidos nas bases: adaptación á temática, orixinalidade e dificultade técnica.

Na súa valoración, o xurado salientou que a proposta representa «de maneira excelente a condición do Concello do Pino como última etapa do Camiño Francés», integrando tamén elementos propios da Festa do Galo Piñeiro nunha composición de grande forza simbólica. Así mesmo, destacou que o concepto do selo da persoa peregrina como elemento central do mural constitúe «unha proposta singular, innovadora e perfectamente recoñecible», con capacidade para converterse nun novo elemento identificativo do municipio. Tamén puxo en valor a elevada calidade estética da obra e a súa notable viabilidade para ser executada sobre un soporte mural de gran formato.

O concurso contou finalmente con oito propostas admitidas, presentadas baixo lema para garantir o anonimato durante o proceso de valoración.

Como gañador, Habrahan Ochum recibirá un premio de 2.000 euros. Ademais, o Concello asumirá a adquisición dos materiais necesarios para a execución da obra ata un importe máximo de 1.000 euros (IVE incluído).

A realización do mural comezará esta mesma semana, co obxectivo de que estea xa concluída de cara á celebración esta fin de semana da Festa do Galo Piñeiro.

Coa segunda edición deste certame, o Concello do Pino consolida unha iniciativa que busca embelecer espazos públicos mediante intervencións artísticas de calidade, ao tempo que promove a difusión dos principais recursos patrimoniais, culturais e turísticos do municipio a través da arte urbana.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello do Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 30 de xullo
Manuel Taboada: “Hoxe premiamos os mellores deportistas, que son os embaixadores do Pino nas diferentes competicións” »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés