O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio /Novas / Exposición de obras de Luis Seoane feitas a bolillos e degustación de galo piñeiro, o sábado no Pino

Exposición de obras de Luis Seoane feitas a bolillos e degustación de galo piñeiro, o sábado no Pino

Novas

28-11-2019
28Nov
  • As 19.00 horas inaugúrase a mostra da artesá Ana Rosa Liste, que leva anos impartindo clases no Pino

  • Á mesma hora ábrirase tamén a exposición de fotografías ‘O fin do Camiño’

  • Os asistentes poderán degustar despois galo piñeiro e caldo de galiña piñeira, dentro do Itinerario Gastronómico do Camiño Francés

O Concello de O Pino ten programado para este sábado, 30 de novembro, unha tarde cultural e gastronómica, na que se lle renderá unha homenaxe á artesá Ana Rosa Liste Sebe, que leva anos dando clases de bolillos e bordado no Pino. O programa inclúe a inauguración de dúas exposición, unha de obras de Luis Seoane feitas a bolillos por Ana Rosa chamada ‘Encaixando Lembranzas’; outra de fotografías do Camiño de Santiago ‘O fin do Camiño’, e unha degustación de galo e galiña piñeira.

Ana Rosa Liste Sebe é unha artesá de recoñecido prestixio como deseñadora, restauradora de pezas antigas e elaboradora de bordado tradicional. Na súa dilatada traxectoria ten realizadas con bolillos reproducións de diferentes obras de Luis Seoane, pintor e escritor que foi nomeado Fillo Predilecto de O Pino o 31 de maio de 2008. Algunhas destas obras de Ana Rosa, como o ‘Gaiteiro de Arca’, forman parte da mostra ‘Encaixando Lembranzas’, que se poderán ver na casa de cultura de Arca.

A relación de Ana Rosa Liste co Pino ven de hai anos, xa que é a profesora de bolillos e bordado ao aire que todos os anos organiza a Concellaría de Educación e Cultura.

No mesmo acto tamén se vai inaugurar a exposición de fotografías ‘O fin do Camiño’, coa que o colectivo Egeria quere falar e promover a reflexión e o diálogo sobre o obxectivo que move a unha persoa a percorrer o Camiño de Santiago.

Itinerario gastronómico do Camiño Francés

E ao rematar estas dúas inauguracións, celebrarase a última etapa do Itinerario gastronómico do Camiño de Santiago, que este ano celebra as terceira xornadas de exaltación de produtos gastronómicos dos municipios da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés en Galicia.

No caso do Pino, a xornada vaise centrar na degustación gratuíta de galo piñeiro e de caldo de galiña piñeira.

Antes de chegar ao pino, este itinerario xa percorreu os municipios do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide e Arzúa.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Curso sobre o uso da sede electrónica para asociacións, empresarios e cidadanía o día 4 de decembro
‘O fin do Camiño’ amosa no Pino ata o 3 de decembro as motivacións dos peregrinos para facer a Ruta Xacobea »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Siempre activado

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés