O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Case 800 peregrinos pasaron pola Oficina de Turismo do Pino entre xullo e outubro

Case 800 peregrinos pasaron pola Oficina de Turismo do Pino entre xullo e outubro

Novas

26-10-2023
26 Oct

O 54% dos turistas que precisaron os seus servizos eran españois chegados principalmente de Andalucía, Madrid e Cataluña ||

Mantense a tendencia a alza no número de peregrinos fronte aos prognósticos que sinalaban unha baixada tras o Xacobeo 21-22 ||

 

O Camiño de Santiago segue a manter o seu atractivo e reclamo, como o demostran os 789 visitantes que acudiron de xeito presencial á oficina de turismo do Concello do Pino no período comprendido entre o 10 de xullo e o 17 de outubro de 2023 e, especialmente, o elevado número de consultas por correo electrónico e teléfono de persoas de todo o mundo co obxectivo de planificar a súa viaxe ao longo de todos estes meses.

O Pino é parte fundamental do Camiño por dous factores: é o municipio galego que máis quilómetros ten do Camiño Francés, xa que o atravesa dende a parroquia de Medín ata  Castrofeito; e O Pedrouzo é o punto de partida da última etapa do mesmo.

Ambas cuestións subliñan a importancia turística do Concello que de novo neste ano 2023 mantén a tendencia a alza no número de visitantes, poñendo así de manifesto o cada vez maior interese que esperta o Camiño de Santiago fronte aos prognósticos que sinalaban que habería unha baixada moi significativa tras o Xacobeo 21-22.

Neste 2023, a maior parte dos turistas que acudiron á Oficina de Turismo foron españois (un 54% do total), especialmente durante os meses de xullo a agosto, con protagonismo para os chegados das comunidades autónomas de Andalucía, Madrid e Cataluña.

Das persoas que acudiron de países da Unión Europea, o maior número o fixeron dende Italia, así como de Francia e Alemaña.

Os visitantes do Xapón e de Corea do Sur seguen a ser os máis fieis ao Camiño, pero no Pino tamén chegaron turistas procedentes de Estados Unidos e de Canadá.

Entre as razóns que motivan aos peregrinos a achegarse ata a Oficina de Turismo municipal, o principal é loxicamente buscar o selo para a Compostela, aínda que tamén os hai que precisan información sobre aloxamento, establecementos de hostalería para comer, chamar a un taxi ou o horario de apertura da catedral de Santiago e da Oficina do Peregrino en Compostela.

Outro dato que chama a atención é que os xoves e os venres son os días de maior afluencia de peregrinos xa que a maior parte deles buscan pasar o fin de semana en Santiago.

As necesidades deste servizo determinaron que o grupo de goberno do Pino contratase a un informador turístico por medio da empresa Os ventos, grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino colabora coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple cunha masterclass de zumba o día 21 no polideportivo de Lameiro
O Pino programa senllas sesións gratuítas para coñecer os beneficios do pilates e do ioga »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés