O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Camiña e Descubre retoma a súa actividade o 20 de outubro

Camiña e Descubre retoma a súa actividade o 20 de outubro

Novas

10-10-2018
10 Oct

O programa Camiña e Descubre, co que o Concello do Pino anima á veciñanza a percorrer tramos do Camiño de Santiago unha vez ao mes ata completar toda a súa extensión, retoma a súa actividade o sábado 20 de outubro. Nesta quinta temporada da iniciativa cubrirase a última metade do Camiño do Norte.

Na edición de 2017, máis de 50 persoas andaron 140 dos 200 quilómetros de que consta este Camiño, comezando en Ribadeo. Este ano proseguirase pola variante da Mota, a antiga vía que unía o Mosteiro de Sobrado dos Monxes con Compostela e conflúe coa Vía Francesa en Lavacolla, seguindo o itinerario da vía romana XIX que conectaba Lucus Augusti e Iria Flavia. Este Camiño transcorre polo termo municipal do Pino polas parroquias de Santo Estevo de Medín, Santa María de Gonzar e Santa María de Castrofeito.

Para anotarse na actividade Camiña e Descubre hai que reservar praza chamando ao 981 511 065 ou enviando un correo a cultura@opino.gal. O prezo é de 8€ por persoa (pagarase por adiantado). As andainas celébranse o terceiro sábado de cada mes, aínda que as datas poden sufrir cambios.

Camiña e Descubre comezou hai xa un lustro coa intención de dar a coñecer as diferentes Rutas Xacobeas, percorrendo en cada xornada unha media de 20 quilómetros para compartir experiencias e bos momentos. Moitos dos participantes levan formando parte da acción desde o principio, aínda que o grupo se renova e medra con cada convocatoria.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« A VII Ruta BTT Concello de O Pino será o día 20 pola tarde
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 400 euros complementarias ao Bono Social do Estado e evitar os cortes luz »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés