O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Amador Pena e Isabel Sixto gañan a Carreira Popular do Pino, con preto de 500 participantes

Noticias

22/09/2024
22 Sep

A SD Compostela gañou a clasificación por equipos, e o Club Atletismo O Pino foi o que aportou máis atletas  ||  

 

Amador Pena, da SD Compostela, volveu proclamarse campión da Carreira Pedestre Popular do Pino ao percorrer os oito quilómetros da categoría absoluta nun tempo de 28:15, repetindo deste xeito o triunfo do ano pasado. Na categoría feminina a máis rápida foi Isabel Sixto Tato, de C.A. La Blanca, que tardou catro minutos máis en cruzar a meta (32:36). Preto de 500 atletas de todas as idades participaron este domingo nesta carreira popular.

Na proba absoluta tomaron a saída algo máis de 200 atletas maiores de 18 anos. Amador Pena (28:15), Martín Lestido (28:20), do C.A.  Sar, e Alberto Mariño (28:21), da SD Compostela, foron os máis rápidos dunha proba de oito quilómetros de percorrido. Na categoría feminina, por detrás de Isa Sixto (32:36) cruzaron a liña de meta Soledad Leiro (33:19), da S.D. Compostela, e a peregrina holandesa Catijn Schierbeek (33:23) que está facendo o Camiño de Santiago e decidiu participar nesta proba popular.

Na clasificación por equipos, a SD Compostela levou o primeiro premio con 79 puntos, ao colocar a seis atletas entre os 24 primeiros clasificados; seguido do Nosportlimit (114 puntos) e do Club Atletismo Sar (146). O Club Atletismo O Pino contou cunha numerosa representación nas diferentes categorías, polo que levou o premio ao club máis numeroso nesta proba.

Numerosas persoas se achegaron ata a praza de Forcarei para animar aos corredores das diferentes categorías nunha mañá moi animada. O alcalde, Manuel Taboada; o concelleiro de Deportes, Borja Castro; concelleiros do goberno local e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, así como representantes do C.A. O Pino entregaron os premios aos gañadores das diferentes categorías.

Categoría Sub-8

As principais clasificacións quedaron do seguinte xeito:

Sub-18: Daniel Maneiro, Adrián Sesar e Iago Mateos; Aiala García, Carmen Pérez e Lorena Pegito.

Sub-16: Alex Carrasco, Diego Amoite e Xabi Camba; Carmen Paz, Lucía Taboada e Icía Castro. Carmen Pérez e Samuel Santos foron os mellores atletas locais nestas categorías.

Sub-14:  Brais Rendo, Marcos Barcala e Xoel Otero; Judit Barros, Xoana Rodil e Cayetana García. Xoel Otero e Ana Mecías foron os mellores do Pino.

Sub-12: Xabier Rodil, Gabriel Nogueira e Nicolas Amado; Julia Fagilde, Icia López e Carla Suárez. Os mellores do Pino foron Martín García e Idaia Flores.

Sub-10: Alex Pena, Isma Barros e Nico Camino; Celia Mella, Mireia Díaz e Nagore Villar. Mellores de O Pino: Mario Mera e Claudia Fernández.

Sub-8: Luca amos, Breixo Barcala e Román Lemos; Celtia López, Paula Campos e Lúa García. Mellores de O Pino. Román Lemos e Aina Raskin.

Podes ver unha selección de fotografías na páxina de Facebook do Concello do Pino nos seguintes enlaces:

  • Categoría absoluta: Post de Facebook (preme aquí). Podes ver todas as fotos neste enlace
  • Categorías escolares e menores de idade: post de Facebook (preme aquí). Podes ver todas as fotos neste enlace
  • Podios e entrega de premios: post de Facebook (preme aquí)

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino invita a percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro a través do programa Camiña e Descubre
O Pino terá como festivos locais en 2025 o día da Ascensión e o da festa da Madalena »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés