O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / A Xunta terá en conta as peticións veciñais na rede principal de camiños da parcelaria de Gonzar

A Xunta terá en conta as peticións veciñais na rede principal de camiños da parcelaria de Gonzar

Novas

10-12-2019
10 Dic

Os integrantes da xunta local da concentración parcelaria de Gonzar conseguiron esta mañá que a Xunta teña en conta algunhas das suxestións que lles formularon os propietarios en relación á rede principais de camiños. A xefa territorial da Consellería de Medio Rural, a xefa de servizo e o técnico redactor do proxecto indicaron que nas vías principais desta parcelaria vanse facer sobreanchos en algunhas zonas, ademais de nas curvas e nos cruces, e tamén se engadirán apartadoiros para que poidan cruzar dous vehículos sen problema.

Nunha xuntanza a semana pasada, os propietarios trasladáronlle aos membros da xunta local algunhas suxestións que estes lle formularon esta mañá aos representantes da Consellería de Medio Rural nunha reunión mantida na Casa da Cultura. Na reunión de hoxe houbo boa sintonía entre as partes, e tanto a xefa territorial como a xefa de servizo viron razoables os argumentos e algunhas das peticións feitas polos representantes da veciñanza.

Neste sentido, dende a Consellería de Medio Rural consideran que en algunhas zonas se poderán facer sobreanchos (para que as pistas principais teñan 5 metros, pois están contempladas de catro), e que tamén se farán modificacións puntuais do trazado destes camiños principais.

No caso dos cruces e das curvas, os técnicos sinalaron que se farán avanicos (ampliando o firme), para facilitar os xiros e os tránsitos dos vehículos máis longos. E tamén engadiron que se van facer apartadoiros nestes viais, zonas máis anchas para que poidan cruzarse dous vehículos sen problema.

Algo no que insistiron os representantes da Consellería na reunión de hoxe, ante as preguntas dos membros da xunta local, é que os planos que están expostos corresponden coa rede principal de camiños da parcelaria de Gonzar. “Cando se marquen as fincas, farase tamén a rede secundaria de camiños, porque todas as parcelas van quedar comunicadas e con accesos ao viais”, indicou a xefa territorial.

Nova reunión o luns ás 19.30 horas

Despois de trasladarlle aos representantes da Consellería as inquietudes e propostas dos propietarios de monte de Gonzar, os integrantes da xunta local da parcelaria decidiron convocar unha nova reunión cos veciños o vindeiro luns, día 16, ás 19.30 horas no local social de Gonzar, para contarlles o que se falou na reunión de hoxe co alcalde e coa xefa territorial da Consellería de Medio Rural, coa xefa de servizo e co técnico redactor do proxecto.

Os propietarios teñen de prazo ata a vindeira semana para presentar alegacións á rede principal de camiños da Parcelaria de Gonzar, que se pode consultar no local social da parroquia ou no concello.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Instalación dunha illa de contedores soterrados na Avenida da Igrexa
O Pino ten en marcha o VI Nadal Benéfico e programa outra festa para a tarde do día 21 »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés