-
Con esta actuación o Concello de O Pino completará a mellora desta estrada local que se negou a arranxar o Ministerio de Fomento ||
-
Con fondos propios municipais o Concello xa ampliou a capa de rodadura ||
O Concello de O Pino vai pechar ao tráfico o vindeiro mércores a estrada local que comunica a saída 77 da autovía Santiago-Lugo (A-54) con Cerceda para poder botarlle unha capa de aglomerado que complete o arranxo integral desta vía, que resultou moi deteriorada polas obras da A-54 e que o Ministerio de Fomento se negou a reparar no seu momento.
Esta estrada, moi utilizada polos condutores que se dirixen tamen cara Touro, permanecerá pechada ao tráfico dende o mércores, día 26, ata o venres 28. Durante estes días a empresa Cosmalca botaralle unha nova capa de aglomerado para completar a reparación integral da estrada.
Xa no ano 2020 o Concello fixo unha importante inversión para ampliar a capa de rodadura desta estrada local, que pasou un ancho medio de 4,8 metros a unha media de 5,5 metros de ancho, cunha inversión de 30.000 euros.
Agora o Concello vai facer un investimento doutros 100.000 euros para botar a capa de aglomerado que complete a remodelación integral da estrada.
Fomento rexeitou asumir o arranxo da estrada
Parte do deterioro desta estrada local débese a que durante a execución da A-54, a altura da actual rotonda, estaba situada a planta de concentración de áridos de toda a autovía, polo que o tráfico de camións foi moi intenso durante o tempo que duraron as obras, o que provocou o deterioro desta vía.
En setembro de 2019, o alcalde remitíralle un escrito ao enxeñeiro xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río, no que lle solicitaba ao Ministerio que asumise u custo de arranxar estas estrada local. En outubro do mesmo ano , o Pleno de O Pino solicitáballe de novo a Fomento que arranxara esta estrada local de 1,2 quilómetros de longo e que tiña os marxes do asfalto totalmente danados, o que supoñía un risco para a circulación. Así o sinalaba un informe da Garda Civil de Tráfico, que recollía que nalgúns tramos desta vía, e debido a que parte do asfalto desaparecera dos laterais, non cabía un camión e un turismo. O ancho medio desta estrada é de 4,8 metros, segundo Tráfico, e en algúns puntos aínda inferior debido aos danos provocados polo paso de tráfico pesado.
Como gran parte do deterioro procede de cando se construíu a autovía, o Concello solicitáronlle ao Ministerio de Fomento que a arranxara ou asumira o custo das reparacións. Segundo os proxecto entregado naquel momento as reparacións ascendían a 106.000 euros e incluían deixar unha capa de rodadura duns 5,5 metros de ancho.
O Ministerio de Fomento respondeulle ao Concello que non se fai cargo das obras de reparación da vía. Ante esta resposta, e para non prexudicar á veciñanza e aos usuarios, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, asinaba un decreto adxudicándolle en decembro de 2019 á empresa Cosmalca SL unhas obras de actuación urxentes para frear o deterioro da estrada e arranxar ambas marxes do asfaltado.
Estas actuacións de ampliación da capa de rodadura representaron un investimento de máis de 30.000 euros que o Concello asumiu con fondos propios, e permitirán deixar a capa de rodadura da estrada local con entre 5 e 5,5 metros de ancho. Agora, o Concello vai investir outros 100.000 euros con cargo ao plan POS+ da Deputación para botarlle a capa de aglomerado a esta vía.