O Concello do Pino recibiu unha subvención de 9.650 euros da Deputación da Coruña para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura durante o ano 2026.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o venres 27 de marzo a concesión definitiva pola cal se lle concede este importe ao Concello do Pino ao abeiro do Programa FO206 de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2026.
A resolución do BOP pode consultarse nesta ligazón.

