O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

A conselleira visita a parcela na que o Concello do Pino quere facer unha residencia de maiores

Noticias

21/01/2026
21 Ene

Fabiola García estivo acompañada polo alcalde, membros do equipo de goberno e o director xeral de Maiores  ||  

Manuel Taboada resaltou que o Concello vai aforrar máis de 100.000 euros anuais coa nova achega da Xunta ao Servizo de Axuda no Fogar   ||

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, amosoulle esta mañá á conselleira de Política Social, Fabiola García, a parcela que o Concello mercou fronte ao centro e saúde de Arca para construír unha residencia de maiores de 100 prazas. Tamén participaron na visita o director xeral de Maiores e Asistencia Sociosanitaria, Antón Acevedo, e membros do goberno local.

O alcalde do Pino agarda que a Xunta poida concederlle este ano a financiación para construír unha residencia de maiores con 100 prazas. Manuel Taboada xa entregou na Consellería o anteproxecto para un edificio de 1.265 metros cadrados útiles, en dous andares, que se levantaría na parcela que está situada fronte ao centro de saúde, a casa de cultura e o CPI Camiño de Santiago.

Durante a visita, Manuel Taboada agradeceulle á conselleira o acordo acadado onte coa Federación Galega de Municipios e Provincias polo que a Xunta incrementará a súa financiación do Servizo de Axuda no Fogar. “Só este ano o Concello do Pino pode aforrar máis de 100.000 euros para financiar o SAF, un aforro que nos vindeiros anos será aínda maior”, recoñeceu o alcalde.

Fabiola García puxo en valor o acordo acadado coa Fegamp sobre o SAF e sinalou que a nova achega da Xunta, que aumentará progresivamente ata chegar aos 18 euros por hora en 2028, implica unha suba do 50% nesta lexislatura e supón duplicar a contía que se achegaba en 2020.

A conselleira destacou que este “acordo histórico”, o segundo pacto de lexislatura alcanzando coa Fegamp en cinco anos, permitirá reforzar un servizo que xestionan os concellos e a través do que reciben atención profesional nos seus fogares 23.000 galegas e galegos en situación de dependencia. Neste sentido, destacou que a través deste pacto a Xunta pasará de financiar dos 12 euros a hora, directamente aos 16 euros hora neste 2026; aos 17 euros hora no 2027 e a 18 euros hora no 2028. Deste xeito, a Xunta subirá a súa achega nun 50% nesta lexislatura.

Na súa intervención, a conselleira fixo fincapé en que este esforzo orzamentario da Xunta “ten como obxectivo compensar o impacto” que esta xestión supón para os concellos e “contrasta coa actitude mantida polo Goberno central”, que, segundo denunciou, “non só non achega máis financiamento, nin para este servizo nin para a atención á dependencia, senón que introduce máis obrigas ás administracións locais”. Nesta liña, fixo fincapé na necesidade de que o Executivo central “cumpra coa lei de dependencia” e achegue o 50% do financiamento, unha situación que provoca que a débeda con Galicia acade este ano os 2.900 millóns de euros.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Concurso de Entroido 2026: formularios de inscrición e bases
O Pino volve poñerse en marcha con Camiña e Descubre, este ano percorrendo a Vía da Prata »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés