O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

A conselleira entrégalle ao alumnado da escola infantil do Pino orlas e fotos personalizadas

Noticias

26/07/2022
26 Xul

Fabiola García Martínez desprazouse ata Pedrouzo para despedir o curso na rede pública autonómica da Galiña Azul ||
Estivo acompañada polo alcalde, Manuel Taboada, e o xerente do Consorcio Galego de Benestar ||
Ao centro de O Pino asistiron este curso 41 nenos e nenas ||
A partir de setembro todas as prazas das escolas infantís de Galicia serán gratuítas ||

A Conselleira Fabiola García visita a escola infantil A Galiña Azul de O Pino

As escolas infantís que pertencen a rede pública da Xunta de Galicia rematan o curso escolar esta semana. Con este motivo, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, desprazouse ata O Pino para entregarlle ao alumnado unha orla e fotos personalizadas que recibirán todos os nenos e nenas que acoden a rede da Galiña Azul.

A Conselleira Fabiola García visita a escola infantil A Galiña Azul de O Pino

Acompañada polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, Fabiola Martínez visitou as instalacións do centro e conversou con algúns dos 41 nenos e nenas que este curso están matriculados na Galiña Azul de O Pino.

A Conselleira Fabiola García visita a escola infantil A Galiña Azul de O Pino

Fabiola García desexoulles aos menores unhas boas vacacións e  agradeceu ao persoal das escolas o traballo desenvolvido ao longo do curso e tamén ás nais e pais a súa confianza no proxecto educativo da Xunta. Ademais, salientou que as escolas infantís teñen demostrado ser un servizo de conciliación fundamental e tamén un lugar de aprendizaxe para os nenos.

Neste sentido, a conselleira sinalou que o Goberno galego quere garantir que as dificultades económicas non impidan a ningunha familia levar aos seus pequenos a unha escola infantil. Por iso, o vindeiro curso Galicia converterase na primeira Comunidade Autónoma en facer gratuítas todas as escolas de 0 a 3 anos, con independencia da súa titularidade.

Deste xeito, a partir de setembro en Galicia non se pagará nada pola atención educativa de 0 a 3 anos. Esta medida beneficiará a 30.000 familias e suporá un aforro de entre 1.500 e 2.000 euros por neno e ano.

A Conselleira Fabiola García visita a escola infantil A Galiña Azul de O Pino

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino homenaxea a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927 na Xuntanza dos Nosos Maiores
O Pino recupera a súa Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar na vindeira fin de semana »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés