O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Unha exhibición de Freestyle Motocross abre o programa da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

News

30/07/2024
30 Jul

Pedro Moreno, catro veces campión de España, e Greg Rowbottom ofrecerán un espectáculo cheo de emoción e adrenalina ||

A cita será o sábado, día 3, as 19.00 horas no recinto da feira cabalar da rúa Mollaos || 

Ao finalizar o evento, o público poderá facerse fotos e pedir autógrafos aos protagonistas ||

O Concello de O Pino celebra esta fin de semana a edición número 23 da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita que inclúe obradoiros, actividades infantís, degustación de galo, o tradicional xantar popular e a feira ‘Artesanía no Camiño’. Entre as diferentes propostas coas que conta o amplo programa deste ano, destaca a exhibición de Freestyle Motocross que terá lugar xa o sábado día 3 ás 19:00 horas na rúa Mollaos.

Pedro Moreno, catro veces campión de España de Freestyle Motocross, e Greg Rowbottom, recoñecido piloto de renome internacional campión da Copa España, traerán toda a súa habilidade e valentía a O Pino para ofrecer unha exhibición que deixará abraiados a todos os asistentes.

O espectáculo incluirá saltos e acrobacias extremas que desafían a gravidade a máis de 23 metros de distancia e 14 metros de altura, convertendo as gradas do recinto da mostra cabalar da rúa Mollaos no epicentro da emoción e da adrenalina. Ademais, a exhibición complementarase cunha posta en escena con efectos de luz e son, así como música en directo cun speaker, co obxectivo de crear unha experiencia audiovisual completa. Haberá trucos como backflips, superman, tsunamis… nun show que terá unha hora de duración e que está dirixida tanto á cativada como a persoas adultas.

Ao finalizar o espectáculo, o público poderá facerse fotos e pedir autógrafos aos protagonistas.

Este evento é parte da programación da tradicional Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita anual que celebra a nosa cultura e tradicións e que o mesmo sábado acolle ademais o concerto de Ailá e da Banda de Música de Arca a partir das 20.00 horas.

O domingo, día 4, celébrase a tradicional feira de galos e galiñas piñeiras vivas (10.00 horas), coa degustación gratuíta de galo piñeiro (13.00 horas). A mostra cabalar desenvolverase dende ás 09.30 horas co comezo das inscricións e ás 18.30 horas darase a coñecer o premio Faísca ao mellor cabalo ou egua de pura raza española nado e criado en Galicia. As 20.30 horas comezará o espectáculo Paco Martos Horse Show.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Proxecto do Concello de O Pino e Rosi Blanco para que os peregrinos compartan experiencias nos ‘Encontros de escritura para camiñantes’
O Pino celebra a XXIII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar con milleiros de visitantes e un amplo respaldo institucional »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English