O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Un total de 14 veciños e veciñas do Pino participaron no programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

Un total de 14 veciños e veciñas do Pino participaron no programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

Novas

23-11-2018
23 Nov

Os participantes no programa universitario de maiores Camiños de coñecemento e experiencia recibiron os seus certificados de diplomados sénior no acto de clausura celebrado onte no Colexio de Fonseca. En total, 14 veciños e veciñas do municipio do Pino tomaron parte nesta iniciativa, que achega o ensino universitario a maiores de 50 anos de 21 concellos da Coruña e Pontevedra. A Universidade de Santiago promove este proxecto para a democratización do coñecemento, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, subliñou a importancia deste programa, que permite formar e ampliar coñecementos “abrindo as portas da Universidade a persoas que non tiveron esta oportunidade na súa mocidade”. Manuel Canabal, tenente de alcalde do Pino, actuou en representación do Concello nun acto de clausura que reuniu a máis de duascentas persoas no Salón Noble de Fonseca. Ao remate do mesmo, os participantes asistiron a un concerto ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia.

Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do IV Ciclo Universitario da USC. Desenvolveuse no Pino en cinco xornadas formativas, nas que se trataron varios temas culturais, científicos e de patrimonio. Todas elas foron impartidas por profesorado da Universidade de Santiago. Como complemento formativo das xornadas teóricas, o alumnado participou tamén en diferentes visitas, como as realizadas ao punto limpo do Concello do Pino ou ao Arquivo da Catedral de Santiago.

Podes ver máis fotos no Facebook do Concello do Pino.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino súmase ao Día contra a Violencia de Xénero con actividades de sensibilización e culturais
Veciñas e veciños de O Pino din NON á violencia de xénero »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English