O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Un cento de nenos e nenas do Pino gozaron dunha animada Festa de Nadal e da chocolatada

News

23/12/2018
23 Dec
Xogos, baile, taller de maquillaxe e de debuxo no polideportivo de Pedrouzo fixeron gozar onte a un cento de nenas e nenos do Pino durante a Festa de Nadal que rematou cunha grande chocolatada na casa da cultura e un final sorpresa que emocionou á maioría.
Os integrantes de Rivel Animación souberon facerse cun público esixente e con ganas de pasalo en grande durante a tarde do sábado. Os xogos colaborativos que montaron no pavillón de Pedrouzo e, sobre todo, co ‘vexo, vexo’ e cuns bailes nos que participaron a gran maioría porque se sabían a coreografía de memoria.
O taller de maquillaxe foi outra das propostas que espertou a curiosidade de nenos e nenas, que se achegaban a carpa para que lles pintaran a cara. Facianas de Spiderman, elefantes, bolboretas, cervos e algún que outro Avatar estiveron correndo e sorprendendo a moitos dos participantes, que remataron participando animadamente no taller de globoflexia.
Ata a concelleira Eva Varela lle pintaron a faciana como a dun coello, porque foi ela a encargada de contarlles o conto do ‘Coelliño aventureiro’ aos máis de noventa nenos participantes nesta iniciativa municipal. Todos sentados no chan escoitaban engaiolados as aventuras dun coelliño que se pasou a noite correndo dun lado para outro tentando coller unha luz que resultou ser unha estrela, e todo iso por non facerlle caso a súa nai. Este conto escribiullo Eva Varela a súa filla Sarai cando era pequena, e despois foi editado por Sotelo Blanco con ilustracións de Ana Santiso.
E ao rematar os xogos no polideportivo, nenas e nenos, moitos compañados dos seus familiares, desprazáronse ata á casa de cultura para degustar unha excelente chocolatada con biscoito e poder recuperar forzas despois de tanto correr e bailar. A festa rematou cunha sorpresa que deixou sorprendidos que moitos levaban xa tempo esperando.
Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello, neste enlace
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Nenas e nenos de 3 a 12 anos poden participar no Lecer Nadal durante as vacacións escolares
Curso de informática por parroquias en O Pino a partir do mes de xaneiro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English