O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Trinta persoas puideron ver no Pino os aneis de Saturno co programa Camiño de Estrelas

Trinta persoas puideron ver no Pino os aneis de Saturno co programa Camiño de Estrelas

Novas

28-08-2021
28 Aug

José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo e Luca Piccotti explicáronlles ás pesoas presentes algunhas peculiaridades da vía láctea e do sistema solar  ||  

A iniciativa do Observatorio Ramón María Aller da USC está en marcha nos Camiños de Santiago en 5 autonomías  ||  

Xúpiter e Saturno e algunhas das estrelas que forman o Triángulo de Verán (Vega, Altair e Dened) puideron ser obervadas onte á noite polas trinta persoas que participaron no programa Camiño de Estrelas, promovido polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (da USC) para trasladar ao público a relación da Vía Láctea co Camiño de Santiago.

José Ángel Docobo, director do observatorio, e os profesores Pedro Pablo Campo e Luca Piccotti foron os encargados de contar algunhas anécdotas dos planetas do sistema solar e da propia Vía Láctea e a súa relación co Camiño de Santiago.

Grazas aos dous telescopios que desprazaron ata a praza do Concello, en Pedrouzos, veciños e veciñas do Pino puideron ver os aneis de Saturno, o planeta Xúpiter e tamén algunha das estrelas que conforman o Triángulo de Verán: Vega, Altair e Dened.

O programa Camio de Estrelas –coordinado por Turismo de Galicia– estase a desenvolver en cinco comunidades autónomas polas que pasan os Camiños de Santiago situados máis ao norte da península (Aragón, Castilla y León, Cantabria e Asturias, ademais de en Galicia).

Tras o seu paso polo Pino, o vindeiro 10 de setembro José Ángel Docobo e os seus colaboradores desprazaranse ata Fisterra e o 11 de setembro estarán na praza do Obradoiro, en Santiago. O programa completo pódese ver neste enlace (preme aquí)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro
O Concello pídelle a á xuventude que acuda esta tarde en Arca ao cribado da covid-19 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English