O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Preto de 150 nenos e nenas protagonizan a gran festa do deporte base na clausura das Escolas Deportivas Municipais do Pino

News

06/06/2026
6 Jun

O Pavillón de Reboredo reuniu a alumnado, familias e monitores nunha xornada de exhibicións e recoñecemento ao esforzo realizado durante o curso ||

O alcalde Manuel Taboada e os concelleiros Borja Castro e José Fuentes participaron na entrega de medallas e obsequios ||

O deporte base volveu demostrar a súa fortaleza no Concello do Pino coa celebración da gala de clausura das Escolas Deportivas Municipais 2025-2026, unha cita que reuniu este venres, 5 de xuño, no Pavillón de Reboredo a preto de 150 nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, acompañados polas súas familias, monitores e representantes municipais.

A xornada converteuse nunha auténtica festa do deporte, na que os participantes tiveron a oportunidade de amosar diante do público parte do traballo desenvolvido ao longo dos últimos meses nas distintas disciplinas ofertadas polo Concello.

Durante a tarde sucedéronse as exhibicións de psicomotricidade, multideporte, fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe e bádminton, enchendo a pista de movemento, ilusión e talento. Cada actuación puxo de manifesto non só a evolución técnica dos rapaces e rapazas, senón tamén valores fundamentais como o compañeirismo, a constancia, o respecto e o traballo en equipo.

A clausura incluíu tamén a tradicional entrega de medallas e obsequios aos participantes. O alcalde do Pino, Manuel Taboada, o concelleiro de Deportes, Borja Castro, e o de Emprego e Obras, José Fuentes, fixeron entrega dos recoñecementos aos nenos e nenas das distintas disciplinas deportivas. Como lembranza desta edición, todos os participantes recibiron unha medalla, unha gorra e unha botella de auga reutilizable, en agradecemento pola súa implicación e constancia ao longo do curso.

Desde o Concello do Pino destacan a excelente resposta que teñen cada ano as Escolas Deportivas Municipais, convertidas nunha ferramenta fundamental para fomentar hábitos saudables, promover a práctica deportiva desde idades temperás e favorecer a socialización da infancia e da mocidade do municipio.

A clausura puxo o broche final a un curso marcado pola alta participación e polo entusiasmo dos máis novos, consolidando as Escolas Deportivas Municipais como un dos programas con maior seguimento entre as familias do concello.

Co remate desta edición, o Concello xa traballa na preparación dunha nova tempada para seguir ofrecendo aos nenos e nenas do Pino espazos de formación, convivencia e crecemento persoal a través do deporte.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino celebrará mañá a clausura das Escolas Deportivas Municipais cunha gala na que participarán preto de 150 nenos e nenas
O Concello do Pino amplía a participación no I Torneo de Fútbol Sala e habilita a inscrición por sede electrónica »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English