O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Pino-Aventura, unha proposta para fomentar o xogo en equipo, o exercicio e a agudeza mental

News

03/05/2022
3 Mai

Poden participar maiores de 8 anos e adultos, que deberán formar equipos de entre 2 e 5 persoas || 

En dúas horas e media deberán superar diversas probas, orientarse con mapa e percorrer ata 6 km para acadar os maior número de puntos posible  ||  

Celébrase o día 21 con saída e chegada á praza de Forcarei  ||  

Aberta a inscrición nesta actividade organizada polo Concello en colaboración con Territorio Comanche  ||

A Concellaría de Cultura abre hoxe o prazo de inscrición para participar en Pino-Aventura, unha actividade que se vai celebrar o vindeiro 21 de maio dirixida a maiores de 8 anos e adultos que fomenta o xogo en equipo, o exercicio físico e a agudeza mental. As persoas participantes deberán formar equipos de entre dúas e cinco persoas para superar diversas probas (físicas ou de coñecemento), orientarse cun mapa e percorrer unha distancia de ata seis quilómetros para localizar unha serie de puntos de control ou balizas.

Nun máximo de dúas horas e media os equipos participantes deberán conseguir o maior número de puntos posibles. Organizado polo Concello en colaboración coa empresa Territorio Comanche, os equipos deciden libremente a orde de busca e o ritmo a seguir. Trátase dun xogo estratéxico no que a toma de decisións e, sobre todo, o traballo en equipo son fundamentais para acadar o éxito.

Os equipos participantes en Pino-Aventura iniciarán a proba ás 10.30 da mañá do vindeiro sábado 21 de maio dende a praza de Forcarei. A organización facilitaralle a cada grupo un mapa (con toda a información necesaria para orientarse); unha folla de descrición das balizas (as zonas de control) e dos puntos que vale cada unha. Un tríptico, no que cada equipo deberá apuntar as respostas das probas de coñecemento e o seu paso polas balizas, e un bolígrafo completarán o material necesario para participar.

Cada equipo deberá levar polo menos un teléfono móbil, para estar sempre localizado, auga e roupa e calzado cómodo para andar ou correr.

Aberta a inscrición

As persoas interesadas deberán formar equipos de entre 2 e 5 participantes. Poden anotarse a partir do 3 de maio na casa de cultura (presencialmente ou chamando ao teléfono 981 511 065) ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@opino.gal. A inscrición pecharase unha vez se complete a cota máxima de participantes. Podes descargar a ficha de inscrición en Pino-Aventura no documento adxunto

Para anotarse é necesario facilitar os seguintes datos: nome do equipo, teléfono de contacto, nome completo e data de nacemento de cada un dos integrantes. Os menores de 12 anos deberán aportar tamén unha autorización da nai, pai ou titor.

Pódese competir en dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos no que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.

Ao rematar a proba haberá un punto de avituallamento na praza de Forcarei para que as persoas participantes poidan repoñer forzas.

Icon

Ficha de inscrición Pino-Aventura

1 file(s) 213.32 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino presenta os proxectos para residencia e centro de día de maiores por 2,7 millóns de euros
Cristina Carril e outros tres membros do C.A. O Pino irán coa selección galega ao Campionato de España de trail runing »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English