O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Pequenos e maiores gozaron cos xogos e espectáculos da Festa da Familia O Papaventos

Pequenos e maiores gozaron cos xogos e espectáculos da Festa da Familia O Papaventos

Novas

11-09-2023
11 Sep

O soño de Fifo, os crecepelos do Doutor Milagre e as cancións de Mamá Cabra sorprenderon a cativada, que non dubidou en participar || 

Moitos estiveron probando as súas habilidades cos xogos tradicionais de Muimenta || 

 

A segunda edición da Festa da Familia O Papaventos xuntou este sábado 9 de setembro na área recreativa da Madalena a familias do Pino e da contorna para gozar cos espectáculos, obradoiros e xogos tradicionais que organizou o Concello do Pino.

Fifo comezou a xornada convencendo aos máis novos de que tamén se pode soñar estando esperto. Nenas e nenos animáronse a bailar e participar nun divertido espectáculo baixo a atenda mirada, e tamén participación, de nais e pais. O talleres de papaventos e algúns xogos completaron a xornada matinal.

Despois do xantar a cativada estivo probando as súas habilidades cos xogos tradicionais de Muimenta que montou a asociación Xotramu, antes de que o Doutor Milagre tentanse venderlles algúns produtos milagreiros como os crecepelos, que ninguén quixo comprar. Eso sí, as risas e as caras de sorpresa foron constantes dende que os cómicos aparcaron o seus Seat 600 xunto ao escenario.

Os obradoiros e o espectáculo de rúa Gadalka animaron a tarde ataque Mamá Cabra comezou un animado concerto co que rematou a xornada.

Podes ver o álbum de fotos da xornada na páxina de Facebook do Concello do Pino, neste enlace.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra este sábado a segunda edición da festa da familia
O servizo gratuíto para arranxar incidencias no sinal de TDT deixará de operar o 30 de setembro »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English