O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Os títulos da parcelaria de Budiño entregaranse no local social entre o luns e o mércores

News

01/04/2021
1 Abr

Os propietarios deben acudir no horario que se lles indica coa fin de evitar aglomeracións  ||    

Poderá recoller o título tanto o dono como unha persoa autorizada  ||  

Os que non se entreguen, quedarán a disposición dos interesados dende o día 8 nos Servizos de Infraestruturas Agrarias na Coruña  ||  

Os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Monte de Santa María de Budiño entregaranse os vindeiros luns, martes e mércores (5, 6 e 7 de abril), segundo informou ao Concello o Servizo de Infaestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña.

A entrega farase no local social de Budiño. Coa fin de evitar aglomeracións, os donos deberán acudir nos horarios indicados a continuación:

Luns, día 5.

De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de Carolliño.

De 11:00 a 12:00 horas. Propietarios de Parañoa.

De 12:00 a 13:00 horas. Propietarios de Quintás e San Migueliño.

Martes, día 6.

De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de O Cruceiro, Fixo e A Fontaíña.

De 11:00 a 12:00. Propietarios de Pazos de Abaixo e Regodauga.

De 12:00 a 13:00. Proietarios de Porta de Roxos e A Voutureira.

Mércores, día 7.

De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de O Campo.

De 11:00 a 12:00 horas. Propietarios de Pazos de Arriba.

De 12:00 a 13:00. Propietarios de Sar, O Couto e As Cancelas.

Poderán recoller os títulos tanto os propietarios como calquera outra persoa que acuda na súa representación e que debe levar o seu DNI e unha autorización do propietario. O modelo pódese descargar no arquivo adxunto:

Icon

Autorización para retirar o título de propiedade da parcelaria de Budiño

1 file(s) 234.06 KB
Download

Lembramos que para ir buscar os títulos deben respectarse as medidas de prevención, polo que se medirá a temperatura de todos os asistentes antes de acceder ao interior do local, será obrigatorio o uso de máscaras e deberá gardarse unha distancia entre persoas de alomenos un metro e medio.

Os títulos de propiedade que non se recollan nestes días quedarán a disposición das persoas interesadas no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural dende o día 8. A dirección é a seguinte: Edificio administrativo de Monelos. Rúa Vicente Ferrer, número 2, 6º andar, da Coruña.

 

 

 

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba o plan estratéxico de subvencións e pide rebaixar ás peaxes e a transferencia da AP-9
O conselleiro de Medio Rural e a directora xeral entregan os títulos da parcelaria de Budiño »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English