O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Os Reis Magos visitarán O Pino e percorrerán as parroquias ao longo do xoves, 5 de xaneiro

Os Reis Magos visitarán O Pino e percorrerán as parroquias ao longo do xoves, 5 de xaneiro

Novas

02-01-2023
2 Jan
  • A comitiva das Súas Maxestades iniciarán o itinerario ás 10.45 horas en Pereira e chegarán ao polideportivo de Reboredo ás 19.30 horas //

  • O Concello entregará os premios aos gañadores do Concurso de Postais antes da recepción oficial //

  • Haberá inchables, chocolate e roscón de reis para rematar a festa //

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente veñen de confirmar que volverán a visitar O Pino este xoves, 5 de xaneiro e anuncian que percorrerán ao longo da xornada todas as parroquias do municipio para conversar coas nenas e cos nenos e recoller as súas peticións para a noite máis máxica do ano. Os principais puntos de encontro serán os campos da festas parroquias, excepto en Castrofeito, que chegarán á Escola de Santiso, e en San Miguel de Cerceda, que será na Igrexa.

A comitiva real comezará a súa visita na parroquia de Pereira, ás 10.45 horas, pasando ao longo da mañá por Castrofeito (11.10 h.), Budiño (11.35 h.), O Pino (12.00 horas), Gonzar (12.20 h.), Medín (13.00 h.), Pastor (13.30 h.) e Lardeiros, ás 13.50 horas.

Despois de xantar, pola tarde, a comitiva encabezada por Melchor, Gaspar e Baltasar retomará o itinerario ás 17.30 horas na parroquia de San Breixo, para continuar por San Mamede (17.45 h.), San Miguel de Cerceda (18.05 h.), Cebreiro (18.30 horas) e chegar ás 19.30 horas ao polideportivo municipal de Reboredo, en Arca, onde terá lugar a recepción oficial.

As nenas e os nenos do Pino poderán gozar a partir das 17.30 horas de inchables no polideportivo municipal de Reboredo, mentres agardan á chegada dos Reis Magos. E, o Concello do Pino, aproveitará a espera para facer entrega dos premios do Concurso de Postais ás persoas gañadoras. Tras a recepción oficial, a festa rematará co reparto do tradicional chocolate e roscón de Reis a todas as persoas asistentes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As familias xa poden proceder ao pagamento do Lecer Nadal logo de admitirse todas as solicitudes
Xunta e Concello estudan a humanización das rúas Forcarei e Dos Mollados cun investimento próximo ao medio millón de euros »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English