O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Os Reis Magos reparten ilusión polas parroquias do Pino entre centos de nenas e nenos

News

05/01/2024
5 Jan

Melchor, Gaspar e Baltasar repartiron hoxe ilusión entre centos de nenas e nenos do Pino que desafiaron ao mal tempo para achegarse ata os locais sociais e campos de festas das diferentes parroquias para entregarlle as Súas Maxestades as cartas e trasladarlle as últimas peticións. Todos escoitaron atentos as recomendacións dos Reis Magos, que lles pediron foran cedo para a cama e durmiran toda a noite, para que lle dera tempo a repartir todos os agasallos.

A comitiva real comezou o seu percorrido polo municipio na parroquia de Pereira, onde os esperaban moitos nenos e nenas acompañados de familiares. O percorrido matinal pasou despois por Castrofeito, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros.

Despois de xantar, a comitiva trasladouse ata San Breixo de Ferreiros, San Mamede, San Miguel de Cerceda e Cebreiro, antes de chegar ao polideportivo de Reboredo, en Arca, onde os agardaban centos de persoas. A cativada estivo toda a tarde gozando cos hinchables e xogos que estaban montados no polideportivo.

O alcalde, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, entregaran os premios ás gañadoras do concurso de postais de Nadal. O debuxo de Nerea Garea García foi a autora da postal oficial coa que o Concello felicitou as festas a toda a veciñanza.

Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron atendendo ás últimas peticións dos nenos no polideportivo. As persoas asistentes puideron degustar chocolate quente e roscón de Reis.

Parroquia de Castrofeito+

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As parroquias de O Pino recibirán a visita dos Reis Magos o venres 5 de xaneiro
O Concello de O Pino ultima a instalación do contedor marrón no núcleo urbano de Pedrouzo »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English