O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O publico de O Pino escacha a risas coas ‘Urxencias’ do Club de Maiores de Boqueixón

News

02/12/2018
2 Dec

O público que acudiu onte ao teatro na casa de cultura de Arca acabou escachando de risa ante as ‘Urxencias’ do Club de Maiores de Boqueixón, que amosaron sobre o escenario as súas dotes como artistas e un sentido do humor que xa quixeran moitos.

O persoal sanitario do particular hospital que construíron os maiores de Boqueixón tivo que facer fronte ás situacións máis disparatadas na sala de urxencias do centro. Dende a ‘francesa’ que quería estirar o seu “cutís” para acudir a unha cea de alto copete, ata a señora de 93 anos que lle ensinaba o bastón ao médico cando este poñía reparos a someter a esta paciente, xa non tan moza, a unha inseminación in vitro. “Veño buscar un fillo sen home, deses que hai agora”, díxolle a paciente ao médico dando un bastonazo enriba da mesa. E claro, logo posou o que pasou, ao cabo duns meses chega a señora do caribe coa súa filla xa xubilada e os xemelgos froito daquela visita ao hospital.

A todo iso engadíase o afán das señoras da limpeza por sonsacarlle e desconfiar dun magullado presentador de cámara oculta da televisión, que foi a Urxencias en busca dunha cura e tivo que saír por patas. Na sala de espera tamén se deron cita algunha que outra veciña con pouco que facer e moitas ganas de falar, ou a que ía alí coa súa filla para tela entretida. Tampouco faltaron os lios amorosos, como os intentos de reconciliación que protagonizou o marido dunha das doutoras, que intentaba unha reconciliación sen percatarse de que apareceu en Urxencias acompañado pola súa amante, o que estivo a piques de provocar unha liorta de coidado.

E así, entre risa e risa, broma e broma, posou unha hora, na que os actores e actrices do Club de Maiores de Boqueixón demostraron que se pode facer teatro con máis de oitenta anos, sempre que se poña vontade e traballo.

Album de fotos no Facebook do Concello (preme aquí)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Caldo quente de galiña piñeira na degustación para promocionar o Camiño de Santiago
Divertida tarde de Nadal para os máis novos con xogos, chocolatada e sorpresa o sábado día 22 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English