O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O programa Vai de praia 2023 iníciase o martes 4 de xullo cunha saída ao areal de Boiro

News

14/06/2023
14 Jun

A veciñanza do Concello do Pino poderá desfrutar de oito viaxes entre os meses de xullo e de agosto // 

O prezo é de 10 euros por xornada, 5 euros no caso dos menores de 13 anos //

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia, a iniciativa que permite á veciñanza visitar os areais da costa de Galicia durante todo o verán.
Entre o 4 de xullo e o 29 de agosto, as persoas interesadas desfrutarán todos os martes destas xornadas de turismo e lecer que percorrerán as praias de Boiro, San Vicente do Mar ou a Illa de Arousa, entre outras.
Para participar é preciso aboar 10 euros por cada saída, mentres que os menores de 13 anos pagarán 5 euros.
A axenda do Vai de Praia 2023 do Concello do Pino abrangue no mes de xullo as saídas á Praia de Boiro (4 de xullo), San Francisco-Muros (11), San Vicente do Mar-O Grove (día 18) e a Illa de Arousa (27). No mes de agosto repetirase a orde do circuíto de viaxes os días 1, 8, 22, rematando na Illa de Arousa o 29.
Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes.
Para reservar praza, cómpre pagar o importe correspondente na conta que o Concello do Pino ten en Abanca ES70 2080 0337 1131 1000 0078 ou rexistrar a documentación antes das 13.00 horas do día anterior ao viaxe.
Poderase obter máis información e formalizar as inscricións a través da web do Concello do Pino (www.opino.gal), na Casa da Cultura e no teléfono 981 511 065.
Todos os menores de idade que participen neste programa deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

A ficha de inscrición e os datos para facer o pagamento no banco pódense descargar nos arquivos adxuntos.

Icon

Ficha de inscrición Vai de Praia 2023

1 file(s) 62.00 KB
Download
Icon

Conta bancaria Vai de Praia 2023

1 file(s) 25.00 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os maiores do Pino desfrutaron da última sesión do programa Vai de Auga
A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros en 2023 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English