O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O programa Vai de Auga regresa ao Pino cunha nova edición de benestar nas Termas de Cuntis

News

06/04/2026
6 Apr

As saídas están previstas para os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, así como o 3 de xuño || O prezo de participación establécese en 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais, mentres que o desprazamento en autobús será gratuíto ao estar financiado polo Concello || O prazo de inscrición abrirase o martes 7 de abril, con prazas limitadas que se cubrirán por orde de solicitude

Cartel de Vai de Auga 2026O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Auga, unha iniciativa orientada a mellorar o benestar da veciñanza mediante a participación en actividades termais, ao tempo que se promoven hábitos de vida saudable e a convivencia social.

Nesta edición, o programa volverá ofrecer cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis, un espazo idóneo para o relax e o coidado persoal. As saídas terán lugar os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, e 3 de xuño, con saída dende a Praza do Concello ás 16.15 horas e regreso previsto arredor das 20.00 horas.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais. Ademais, o desprazamento en autobús será gratuíto para as persoas participantes ao estar financiado polo Concello.

As inscricións abriranse o martes 7 de abril. As prazas son limitadas, polo que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información no centro sociocultural ou no teléfono 981 511 065. O formulario de inscrición está dispoñible na web municipal nesta ligazón.

Este programa consolídase ano tras ano como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza do Pino, tanto polos beneficios que achega á saúde —especialmente para persoas con molestias musculares ou articulares— como polo seu valor social, ao favorecer o encontro e a relación entre veciños e veciñas.

Desde o Concello anímase á participación nesta iniciativa, lembrando que, no caso de participación de menores, deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manuel Taboada acompaña a veciña Dolores Ferro na celebración do seu centenario no Pino
O Concello do Pino abre unha enquisa para definir as actividades deportivas do curso 2026-2027 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English