O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino terá 5,86 millóns de orzamento en 2026 e dedica a investimentos 1 de cada 5 euros

News

09/12/2025
9 Dec

O Concello destinará case un millón de euros a protección e promoción social   ||   

Taboada destaca que O Pino non ten débeda cos bancos, presenta unhas contas saneadas e uns servizos municipais de calidade   ||   

O Pleno tamén aprobou dous proxectos para incluir no POS+ Adicional 4 en San Breixo e Cerceda   ||   

 

A Corporación do Pino aprobou hoxe o orzamento do Concello para 2026, que ascende a 5,86 millóns de euros, cun claro enfoque nos servizos públicos, a protección social e o desenvolvemento de infraestruturas. As Contas aprobáronse cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (BNG e PSdeG). De cada 5 euros das contas, 1 dedícase a investimentos reais e outro euro a protección e promoción social.

O alcalde do Pino presentou esta mañá no Pleno un orzamento para o vindeiro exercicio, que ascende a 5,86 millóns de euros (un 2,6% superior ao deste ano), unhas contas que cualificou de “estables, sostibles e sen débeda” coas entidades financeiras. “Presentamos unhas contas saneadas, o que amosa o compromiso do equipo de goberno cunha política de gasto eficaz, mantendo uns servizos públicos de calidade que benefician a toda a cidadanía”, asegurou Manuel Taboada.

O capítulo máis importante de gastos e o destinado a financiar bens correntes e servizos que se prestan á veciñanza, de 3,39 millóns de euros, o que representa máis da metade do orzamento. Dentro deste apartado, para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria resérvanse 935.955 euros.

Para investimentos reais, o Concello do Pino reserva 1,11 millóns de euros para o vindeiro exercicio, aos que hai que engadir os 182.000 euros que debe aportar o Concello para a humanización da rúa dos Mollados e a de Forcarei (a Xunta financia os 424.00 euros restantes e encárgase de executar as obras).

Os gastos de persoal representan un 14,28% das contas, 0,83 millóns de euros. O incremento nesta partida respecto ao orzamento deste ano ven motivado polo incremento das retribucións contempladas para o sector público que establece o goberno central.

As transferencias correntes ascenden a 219.000 euros e inclúen tanto as axudas de asistencia social primaria para a veciñanza como as achegas previstas para o fomento da natalidade.

Polo que respecta aos ingresos, durante o ano 2026 o Concello do Pino recibirá 3,18 millóns pola participación nos tributos do Estado e no fondo de cooperación local da Xunta, sendo estas transferencias correntes a partida máis importante no capítulo de ingresos.

Os impostos directos para o vindeiro exercicio estímanse en 1,5 millóns de euros, e as taxas e prezos públicos en 601.500 euros. As transferencias de capital ascenden a 576.424 euros para o vindeiro exercicio.

Segunda fase do POS+ Adicional 4

No Pleno desta mañá tamén se aprobaron por unanimidade dous proxectos para incluír no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal da Deputación da Coruña. A segunda fase do POS+ Adicional 4/2025 conta cun orzamento conxunto de 227.599,56 euros.

A Corporación aprobou o proxecto para construír unha senda peonil do cruce de Casal ata a Igrexa de San Breixo, e que tamén inclúe a mellora da capa de rodaxe e do acceso á igrexa de San Breixo, cun orzamento total de 150.429,91 euros.

A outra obra que se inclúe nesta segunda fase do POS+ Adicional 4 e a mellora dos accesos a Vilarmeao (en Cerceda), que conta cun orzamento de 94.068,22 euros.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino activa unha campaña de visibilización e formación para conmemorar o 25N
A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 66.992 euros en 2025 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English