O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino ten un remanente de tesourería a 1,87 millóns tras liquidar o orzamento de 2025

News

25/03/2026
25 Mar

Aprobados os expedientes de modificación de créditos para mellorar accesos a núcleos, estradas e instalacións deportivas con 532.000 euros do remanente de tesourería  ||  

 

O Pleno do Concello do Pino aprobou os expedientes de modificación de crédito para mellorar os accesos a núcleos de poboación, estradas e instalacións deportivas por un total de 532.000 euros. Estas obras financiaranse con remanentes de tesourería. O alcalde informou na sesión que tras liquidar o orzamento de 2025, o Concello ten un remanente positivo de tesourería de 1.869.677,43 euros.

Manuel Taboada explicou que deste remanente total de 1,87 millóns de euros o Concello só poderá gastar este ano 857.000 euros, segundo establece a lexislación vixente.

Na sesión ordinaria de marzo, a Corporación tamén aprobou a estrutura de costes do contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración. Esta estrutura establece os porcentaxes das diferentes partidas de gastos para prestar o servizo de auga potable e saneamento (persoal, enerxía, mantemento e conservación, etc). Esta estrutura incluirase nas bases para sacar a licitación este servizo. O punto aprobouse por unanimidade.

A rectificación dun erro puntual no PXOM, para establecer correctamente a localización nos mapas da escola unitaria de Lardeiros, tamén foi aprobada por unanimidade.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde do Pino comproba co conselleiro de Presidencia as obras realizadas no campo de fútbol e na Casa da Cultura
Admitidas todas as solicitudes para participar no Lecer Semana Santa 2026 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English