O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino suspende o proceso de licitación do SAF ata que o tribunal falle o recurso presentado

News

19/01/2023
19 Xan

O alcalde cree que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia daralle a razón ao Concello, como xa fixo en Coristanco e Vimianzo ante recursos similares  || 

Manuel Taboada aclara que o Servizo de Axuda no Fogar seguirá prestándose con normalidade como ata o de agora  || 

O Pleno da Corporación do Pino aprobou onte por unanimidade suspender cautelarmente o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como decretou o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACP) mentres non resolve o recurso presentado pola Asociación Galega de Empresas de Axuda no Fogar (AGESAF) contra os pregos de contratación. O alcalde agarda que o tribunal acabe dándolle a razón ao Concello, como xa fixo en Coristanco e Vimianzo en recursos similares ao presentado no Pino. Manuel Taboada quixo tranquilizar á veciñanza, asegurando que o “Servizo de Axuda no Fogar seguirase prestando con normalidade como ata o de agora, non se vai interromper a súa prestación. O recurso só afecta ao proceso de licitación do vindeiro contrato”, dixo

Segundo explicou o alcalde, Manuel Taboada, o recurso presentado por AGESAF solicita que nos pregos de contratación se teña en conta o incremento do IPC para o ano 2023 e 2024, “unha medida que o propio Tribunal xa rexeitou tanto en Coristanco coma en Vimianzo alegando que esa medida é contraria á lexislación vixente”. O alcalde aclarou que os pregos económicos “xa contemplan o incremento do IPC ata o ano 2022. As valoracións económicas dos pregos están feitas segundo o convenio colectivo”, engadiu Taboada.

O pasado 4 de xaneiro, O TACP notificaba a recurso de AGESAF, dáballe ao Concello do Pino dous días hábiles para presentar alegacións e solicitaba a suspensión cautelar do proceso de licitación. O 9 de xaneiro, remitíanse as alegacións do Concello, aprobadas por resolución da alcaldía.

Durante o debate no pleno de onte para ratificar as alegacións, o voceiro socialista, Óscar Vilar, propoñía que o Concello “lle fixese caso ao recurso” presentado por AGESAF, suspendese a licitación do contrato e incrementase as partidas económicas que figuran nos pregos.

Manuel Taboada recordoulle que os prezos establecidos nos pregos “son os que figuran no convenio colectivo, e que se tivo en contra a subida do IPC ata o ano 2022. As condicións económicas non están mal, tal vez por iso houbo 10 empresas que presentaron as súas ofertas”. O alcalde recordou que mentres no Pino o recurso o presentou AGESAF, no caso de Coristanco e Vimianzo foron os sindicatos os que recorreron. “En ambos casos, o tribunal deulle a razón ao concello, e penso que aquí vai pasar o mesmo.

Nas votacións, aínda que os tres grupos apoiaron a suspensión cautelar do proceso de licitación que solicitaba o tribunal, a hora de ratificar as alegacións do Concello presentadas no procedemento tan só os cinco concelleiros do PP presentes votaron a favor das mesmas. O PSdeG votou en contra (3 votos) e o BNG (2) abstívose, polo que as alegacións quedaron ratificadas.

Contrato por máis de 470.000 euros anuais

A licitación do Servizo de Axuda no Fogar foi aprobada no Pleno do 13 de decembro, cos votos a favor de PP (6) e BNG (1) e a abstención do PSdeG (2).

O Concello do Pino reserva unha partida de 472.595,90 euros anuais para 21.899 horas de atención. Dende unha perspectiva integral e normalizadora, o obxectivo é prestar atención no domicilio daquelas persoas que teñen dereito ao servizo para que poidan seguir vivindo na súa contorna.

Cando o Tribunal notificou o recurso e ordenou a suspensión cautelar do procedemento, xa rematada o prazo dado as empresas para presentar as súas propostas económicas. Segundo dixo Manuel Taboada, hai 10 empresas interesadas en prestar este servizo no Pino.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os Reis Magos empezaron en Pereira o seu percorrido polas parroquias de O Pino
O concurso de Entroido do Pino repartirá 1.875 euros en premios o domingo 19 de febreiro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English