O Concello de O Pino decidiu pospoñer a ‘Tarde de Nadal’ e todas as actividades programadas para mañá pola tarde debido a alerta meteorolóxica decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta. Estas actividades celebraranse en vindeiras datas. Dende o Concello reitéranlle á cidadanía a necesidade de extremar as precaucións e adoptar as debidas medidas de seguridade.
A axencia Estatal de Meteoroloxía informou dun fenómeno meteorolóxico adverso laranxa para hoxe, venres por fortes ventes de ata 110 km/h. Unha alerta que pasará a nivel vermello dende primeiras horas da tarde de mañá, sábado, por refachos de vento de ata 1140 km/h.
Dende o Concello de O Pino préganlle á cidadanía que extreme as medidas de seguridade retirando obxectos que poidan caer á rúa dende tellados, balcóns e fiestras; asegurar portas e fiestras; e vixiar a posible caída de obxectos; ou evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que poida derrubar o vento.
Para mañá, sábado, a Concellaría de Cultura tiña programada a Tarde de Nadal a partir das 17.00 horas, con xogos para nenos e nenas no polideportivo de Reboredo, que remataría cunha chocolatada e un espectáculo para público familiar na casa de Cultura. Tamén estaba previsto celebrar unha Quedada tecedora ás 17.00 horas na casa da Cultura. Estas actividades adíanse para unha data que se comunicará con antelación suficiente.