O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino súmase ás microcredenciais da USC e impartirá cursos de uso da IA e de xestión da terra durante o mes de maio

News

04/05/2026
4 May
  • Poden obter esta titulación válida na Unión Europea persoas de entre 25 e 64 anos e non se require formación previa

  • Hai que facer a inscrición antes do xoves día 7 nas oficinas dos Servizos Sociais municipais

  • Son cursos de 10 e 5 horas que se impartirán na aula TIC de Arca

O Concello do Pino súmase ao convenio asinado entre Agader e a Universidade de Santiago para impartir formación que lle permita á veciñanza de entre 25 e 64 anos obter microcredenciais universitarias, un título propio da USC con validez en toda a Unión Europea.

Durante este mes de maio impartiranse dous cursos na aula TIC de Arca para un mínimo de dez e un máximo de doce alumnos cada un. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do xoves 7 de maio nas oficinas municipais, no departamento de Servizos Sociais, ou chamando ao 981 511 002 para facilitar os seus datos.

O curso Como usar a intelixencia artificial (IA) no día a día ten unha duración de 10 horas, e impartirase durante tres tardes. Nesta actividade formativa analizaranse que é a intelixencia artificial, principais aplicacións e asistentes virtuais (ChatGPT, Gemini, Alexa, Siri…), xeración de imaxes e os sesgos no manexo da información da IA, ou a privacidade e protección de datos.

O outro curso titúlase Xestiona a túa terra, e cunha duración de 5 horas impartirase en dúas tardes. Aquí analizaranse algúns dos instrumentos de mobilización e recuperación de terras rústicas, como incorporar as fincas ou arrendalas no Banco de Terras, e trámites electrónicos co Catastro ou co Rexistro da Propiedade.

A formación é totalmente gratuíta para o alumnado, que non ten que estar empadroado no Pino.

Toda a formación é presencial, con titorías online e cun grupo de alumnado de entre 10 e 12 persoas por curso. A USC expedirá un título oficial, válido para toda a Unión Europea.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino suspende a ordenanza de saneamento ao comprobar que o estudio económico feito non se axusta a realidade
O alcalde felicita as xogadoras e xogadores do Pino que gañaron en Holanda o Campionato Europeo de fútbol gaélico en categoría cadete »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English